viernes, 12 de octubre de 2018

MORENO MARQUEZ, María Victoria



María Victoria Moreno (pop art).png
Nada  en Valencia de Alcántara (Cáceres )  exerce  dous anos como profesora de Enseñanza Secundaria no Instituto Masculino de Lugo onde contacta con Alonso Montero, comenzando nesta cidade  a súa relación e compromiso co idioma  galego.

BELVÍS DA LÚA

Deitácheste no berce das violetas,
onde a luz, meu amor , faise camiño
que eu quero percorrer de vagariño
entre nenos, pardais e bolboretas.

Deambulando entre a frouma e as charetas
descubrirei a cor na flor do espiño,
o quentor na dozura dalgún niño,
a música nos versos dos poetas.

Partiches nun solpor de primavera
ehai un ronsel de paz que por min chama
cara ó belvís da lúa iridiscente.

Cara o belvís da lúa, un día calquera,
partirá con ledicia quen te ama
nun voo aceso, ceibe e ascendente.

CANTIGA

Na fonte fonte dos nenos
bebía unha pomba branca.
...Fala a auga.

Na fonte fonte dos risos
xemía unha nena pálida.
...Fala a auga.

Na espiña espiña da rosa
revoaba a voz das aves.
...Treme o aire.

Na espiña espiña do toxo
vin cinco pingas de sangue
...Treme o aire.

No bico bico do outeiro
sorría unha luz fermosa.
....Pasa a sombra.

No bico bico da albura
espreitaba a ollada torva.
....Pasa a sombra.

De: Elexías de Luz