miércoles, 24 de septiembre de 2025

VÁZQUEZ RÁBADE, Pedro

Nado en Begonte en 1908, estudiou música en Madrid. Emigra a Cuba onde exerce de xornalista e escritor en publicacións galegas e cubanas.Co triunfo da Revolución de 1959 foi responsable de institucions de tipo cultural en Camagüey. .En 1937 apareceu o seu poemario Invisibres com’o vento(con poemas en galego e en castelán). Posteriormente publicou os poemarios Así va la vida (1940), Un mundo nuevo (1944) e Ahora es la hora, nos anos sesenta. Finou en México no ano 1975.

NO MEU CORPO FIXO NIÑO

(A o músico D. Conrado Campo,profesor do Consevatorio Nacional)

 Quero ver craro , e non veso;

choro, non sei por que choro;

levo uha sombra negra

siempre diante dos meus ollos.


Non me deixa esa sombra;

esa sombra detristeza;

adonde queira que vaia,

non me deixa, non me deixa.

 

Camiña sempr´a meu lado;

é a miña compañeira;

anda facéndome moecas,

negra sombra, sombra negra.

 

¡Vaite , vaite negra sombra;

 sombra de negros espeutros;

 sombra que te levo dentro,

 dentro dos meus pensamentos!

 Pero non podo votal-a;

no meu corpo fixo niño,

esa sombra de tristeza,

é a sombra de mín mismo.

 

VIDA TOLA...

 Vida tola,vida tola,

cal huracán furecido;

 deixa vivir os que penan

 non lles quites o respiro;

Non agrandes as feridas;

a quen está malferido.


viernes, 17 de enero de 2025

LOPEZ ALONSO, Luis


Nado en Sarria (1.977) é farmacéutico, lingüista e escritor galego.Tamén é membro fundador do grupo poético lucense Lupercais.



Imagen: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lu%C3%ADs_L%C3%B3pez_Alonso


 Hai lar  nesta brisa arousá

 que erosiona os timbres da nenez

 gravita o centro do mundo arredor do teu

 centro

 afondado astro raizame fusca

 xunto ao sol materno un pranto novo

 igual que a ría que placenta.



De:  Salífero

lunes, 13 de enero de 2025

NEIRA ROCA, Nieves

Nada en Lugo (1.983) é xornalista e poeta galega.Publica desde hai anos textos en distintos medios.Colaborou con Carla Andrade , con Sabela Mendoza ,  Luis López Alonso e coas integrantes da asociación luguesa de artes escénicas 3monos. O seu primeiro poemario  Neve de agosto publicase no ano 2022.


Imagen: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nieves_Neira


CEN ANOS máis tarde,

Al-Mutamid fixo cubrir as ladeiras

de flores brancas

para a muller que nunca vira nevar,

Itimad.


Pero,

como dobrarían elas o espello?

que dirían dos cedros talados?

Do mármore amarelo, do xade do Punjab?


Foi ao revés, e Yzabel deixou caer rosas da saia

na que agochaba o pan para repartir

da mirada do rei poeta,Dom Dinis.

-Säo rosas Senhor!

 -Rosas, em Janeiro?


E eu 

son a amante.


De: Neve de agosto





jueves, 5 de diciembre de 2024

MONDELO, Brenda

Brenda González Fernández, ( coñecida por Brenda Mondelo) nace no 1994  en Pedrafita do Cebreiro .Graduada en Xornalismo e Ciencia política,  publica o seu primeiro libro de poemas, O espello de Celia , no ano 2022

 


A CANDELA (Fragmento)

Recordas a maneira na que cantaba a cancela

do vento aquel verán?

como semellaba que dunha cereixeira ía nacer o abecedario

e nós buscabamos contar o tempo por areas

e con elas construír a materia do espello

calcado nesta palma que hoxe miro a contraluz

mentres xogo coas letras de azafrán esvaecidas así, 

no abano da razón que só entende a suma dos días, 

o lazo neboeiro dos defuntos e a orde da historia.


Lembras entón a escala sobre a que rubía 

a cancela do vento ese verán?

Como eu pendía dos barrotes de metal;

no meu maxín era pintura traída da lúa

e sobre eles quería agarrar as liñas celestes 

que conducían ao ceo a medio facer.......


De: O espello de Celia

jueves, 29 de agosto de 2024

PARDO DE NEYRA, Xulio

 


https://gl.wikipedia.org/wiki/Xulio_Pardo_de_Neyra

 

Desennobelas as curvas 

para chegáresme a un volcán

cuxa lava quer penetrarte

mentres me cedes a pel

en saudades de crianza


Enrédaste nas silveiras,

enchóupaste de amoras tintas

do cáliz deste regreso


Volves.volves e resolves

regresas.Regresas e egresas

introduces.Introduces e traduces

fozas.Fozas e refozas


Eu -adivíñalo- son a terra

E aquí no medio sobrevivirás seguro


De: Uterus siue uolua

martes, 27 de agosto de 2024

PÉREZ DÍAZ , Lois

 




APENAS UNHA SOMBRA

Dilworth Park

o puro maniféstase natural
acontece sen máis
o puro no transo da vida
no descanso da morte
refulxe e desaparece
no seu intre de luz
sen a maior pretensión
busca ser 
a esencia do pleno
treme no seu fulgor
é revelación
foxe da palabra 
quere resplandecer 
non se deixa apreixar 
marcha afirma a súa condición

Philadelphia , 16:44h

MUIÑEIRA DO BRONX
(FRAGMENTO)

Lincoln Financial Field, á porta do concerto dos Rolling Stones

caín dando voltas á vía do tren
anotando pintadas que ninguén máis le
fun a Philadelphia en busca de luz
lendo a Ginsberg nun puto autobús......


De: Lugo Philadelphia