viernes, 14 de septiembre de 2018

MOREIRAS COLLAZO, Eduardo


AMOR,
pra que o home non sinta
a soidade do ser
e non caia sin esperanza no camiño.

COMPAIXÓN,
pra que baixe hastra as maus
o resprandor do CEO
e deprenda a chorar coma um neno.

PAZ,
pra que se arranxen as discórdias
e cada un sexa fonte
pura e ceibe na noite da vida.

INTEGRIDADE,
pra que o nosso esprtito medre na loita
e poda voltar o Alén
madurecido polo coraxe dos riscos

GALICIA ANO CERO

Daquil pobo que un día
foi sorriso de amor
no colo da terra namorada,

daquil pobo sotil, rexo,
embaído de estrelas
e ritmos de augas puras,

xa non queda nada.

Xentes alleas envexosas,
catando a resistencia
 feble,pouquiño a pouco
desviaron os regueiros,

trabucaron os nomes enxebres
i as sinales das rutas,
derrubaron as cruces de pedra
para que ninguén poidera
vivir sobor da morte.

Unha mau de ferro apertóu
xusto a gorxa delicada
i a raza voltóu a parir
en soidade froles estériles.

Foi o comenzo.Despóis,
acurrunchadoentre ríos
vagarosos que van soñando
ca soidade na mar,

aquil pobo tan vello
que soio vivía pra lembrar
desaparescéu na noite
coma unha luz que esmorece.

Agora, sin historia, ceibe
ao fin,camiña nas escumas
da outra orela do tempo.

I o ceo , caladiño, resprandece.

De: Os nobres carreiros