domingo, 24 de noviembre de 2013

POCIÑA PÉREZ, Andrés



 

SE PODESE COPIAR A WHITMAN

Hoxe xogo os intertextos
e maxino que podo copiar a Whitman
The poet of the Body
the poet of the Soul
quizais porque tamén eu creo
que unha silveira quedaría moi ben nos parladoiros do ceo.

Penso en ti
(agora no teu corpo)
e fáiseme verso a pura anatomía
cabeza, colo , pelo, orellas, lobo e tímpano das orellas
head, neck, hair,ears, drop and tympan of the ears
un verso só se son teus
como os do corpo de Whitman
hips, hip-sockets, hip-strenght, inward and outward round,
man-balls, man root
cadeiras
articulacións das cadeiras
forza das cadeiras
redondez cóncava e convexa
bolas de home, raíz de home
do corpo de Whitman
no verso de Whitman
que non pode ser no teu.

Unha eternidade de cultura machista fíxonos impronunciábeis no verso as palabras auténticas para chamar aquelas partes do teu corpo polas que o meu se axita.

Quédome daquela
cos teus ollos,
beizos, fázulas, orellas, colo,
e calo aquelas outras
que seica non entran no verso
(mesmo se son túas)
máis por seren túas
nelas penso,
e tamén porque son partes da alma
ou mesmo a alma
(O say now there are the soul)
coma dicía Whitman.

(De: Versos para Aurora)

POEMA ONÍRICO 18

Ábrome de pernas
cando xa sei que ninguén vai vir
e tócome mainiño,
docemente,
sen presas
teimando que tarde o momento final
que sempre é o mesmo,
e despois nada.
Despois venme sempre a tristura de pensar
que teño unha man por amante,
eu , que sempre soñei com fermosas mulleres,
louras ou morenas, que máis dá,
de ollos castaños, negros, azuis, verdes
¿vou poñer condicións, eu?
con labres grandes e carnosos, eso si, por favor,
e de peitos medianos, recheos, ergueitos,
como as soño
cando comenzo a tocarme coa dereita, miña amante.
Como un rapaz calquera, ¿non é?
Como calquera rapaz.

Onte cumprín corenta anos.


De: Apócrifo de Fiz matinado en sonos



martes, 5 de noviembre de 2013

ARIAS LÓPEZ, Cayetano

 O zoqueiro de Santaballa,  de formación autodidacta.
A poesía de Cayetano é a  poesia popular ,  que vai de boca en boca , sen trabas  rítmicas ou métricas  ,poemas que  expresan as costumes e tamén  o sentir do pobo.Publicou poemas na prensa de Vilalba.





 https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=10&id=2243
 
            !XURO QUE PILLACHES DUAS!

Viña da misa de tarde
O tio Xan d ´a Millora
y-o encontrar com Toño dille
o que veredes agora:
-¿D´o nde vés Anton Maria?
-Das troitas d´o Porto-río;
paséi a mañán n-a y-auga
e veño cheo de frío.
-Entón pillarías moitas.
-Douch´as ambas s´adiviñas.
-¡Xuro que pillaches duas!
trainas pr´acó que son miñas.
-Seique ch´o dix´o diablo
!tivo que selo de fixo!
!Pr´adiviñar de tal sorte
Um bo Santo non ch´o  dixo!

"El Heraldo de Villalba " , 6 julio-1.918

ATRASOS DUN GAITEIRO

O vintecinco de marzo
oub-unha festa em Tardade,
aló fun tocar a gaita
!Nosa señora mo pague!
Foi em lus, ben-o sabedes,
con bon sol, gracias a Dios;
oubo pan, viño e rosquillas
 e os fuegos queran bem bós.
Oubo unhas mozas muy guapas,
cal rosiñas na roseira,
que brincaban coma tolas
o bailar na muiñeira.
Cerca d´o poñer d´o sol,
ou seique xa se puñera
deill-un descansiñ-a gaita
e fume car-á taberna.
pidín un neto de viño
d´aquel que fose millor
e nesto tiran un fuego…
rompeum-o bombo e-o tambor.
O viño bebino todo...
!Ei! ¿que lle vamos facer?
naíde s´afrixa co-a perda,
qu´iso ben s´a compoñer.
Volvín tocar a muiñeira
Que bailaron os rapaces;
díxom-a gaita baixiño:
“Agora somos iguales,
eu viuda e ti viudo,
pro se te queres casar,
eu caso mañá mesmo
e gaita non cha faltar”.
E tiña razón a gaita
cand´estaba n´o meu lombo,
qu´antes d´as vintecatr-horas
xa tiña tambor e bombo.
!Ay , Santiña Tardade,
Pra gaita oubo remedeo,
eu, pra min , non pido mais
Que que me leves ó ceo!

"El Eco de Villalba" , 31 de mayo de 1912

miércoles, 23 de octubre de 2013

POUSA RODRIGUEZ, Luis



luis_editado





15
ANOITECE o corpo e a súa sombra de lodo.
Acacias baixo a xistra de cobre.
O portalón verde, o cruceiro, os farois,
as cadeas, o relevo gótico, o banco de granito,
os cativos que berran dende as claraboias,
praza das Bárbaras.
San Carlos, os vidros ábrense á cidade iluminada,
resplandecente sobre os peiraos
e sobre o ouveo histérico da industria.
A escura luminosa do día na Coruña.


57

A esta hora acesa
avanzas polas sendas da memoria recobrada,
vadeas o curso do esquecemento
para inventar de novo os nomes gozosos das cousas,
gaiolas de cristal que tallas e lambes.
Neste instante de pedra líquida,
percorres a xeometría e o perfume
dunha paisaxe que xa non existe.
Descendo ao arquipélago
de materia e  luz da túa pel constelada,
á luz que bebe a miña boca no teu sexo.

De: O embigo do mar





domingo, 13 de octubre de 2013

CABARCOS SUÁREZ, Celestino


O BASTÓN DO ALCALDE

Aló nas terras de Arzúa,
no distrito da Cañiza,
hai un alcalde pavero
cal non hai outro en Galicia.

Xa lles contara este conto
nunha revista arxentina
ós nosos irmaos galegos
pra lles saca-la morriña.

Empezaba así o conto
que eu lles contei aquel día:

Éralle grande o bastón
ó alcalde da Cañiza.

O bastón éralle grande...;
(hai moito deso en Galicia)
e chamou un carpinteiro
e díxolle: Abanista
fágolle saber a ustede
que antes de te-la vista
do deputado, que ha de vir
neste mes de aquí , á Cañiza,
ten que arreglarme o bastón,
que me é algo grande por riba.

-Descuide señor alcalde,
que o poñerei á medida...

O carpinteiro espuntou
o pao aquel enseguida,
e levoullo ó alcalde
antes de que houbera a visita.

Mais este armou as do demo,
con virlle todo á medida.

-!So , bruto,que aquí fixeche!
¿Estabas xordo aquel día?

-Señor alcalde serénese;
¿Ou non lle vén á medida?

-!Que medida nin que raio!
!!Vaia un burro de ebanista,
que lle vai quitar por baixo
séndome grande por riba!!

VALLE DE ORO ( O Valadouro)

Le rodean montaña elevadas
con sus faldas cubiertas de verdura,
que, ondulantes, custodian la llanura
con sus prados y vegas dilatadas.

Hay remansos de paz en las cañadas
y conciertos de amor en la espesura,
y serpean regatos de agua pura,
desgranando sus célicas tonadas.

Pomaradas de ubérrimos frutales
muestra al sol en la hermosa primavera
y en verano, oropuro en los trigales.

¡Oh! mi tierra, ¡oh! país a quien adoro;
si mi vida acaba de ti fuera......,
moriré suspirando: ¡¡Valle de Oro!

De:  Cóxegas



viernes, 11 de octubre de 2013

CRECENTE VEGA, Xosé



Nace na parroquia de Santa María de Outeiro,concello de Castro de Rei o día 3 de xuño de 1986.Fillo de labregos ,ingresa no seminario de Mondoñedo e coincide ali con Trapero Pardo.Licenciase en Filosofía e Letras polas Universidades de Santiago e Salamanca.
En 1938 vai destinado ó Instituto de Ciudad Real .En 1940 pasa ó Instituto Ramiro de Maetzu  de Madrid.En agosto de 1941  foi nomeado  por oposición catedrático de latín no Instituto de Antequera.Un ano mais tarde é trasladado ao instituto de Segovia do que é nomeado director.Nesta cidade terá lugar o seu pasamento o 21 de marzo de 1948
Publica un so libro :Codeseira


ANOITECER

Vai o sol na furada.Os sapos pirguiceiros,
cansados baixo  as pedras de estar acochadiños,
salen tocar a frauta ás beiras dos camiños,
e escoitase nas regas os "grau-grau" barulleiros

das ras.Pasan rozando  por entre os maciñeiros
os roncós.E parexas de ledos paxariños
agrúchanse ,piando,na quentura dos niños,
entre o follaxe espeso das silvas e os loureiros.

Unha nena onde a fonte cun rapas parrafea.
Enchendo as corredoiras vén a avenza pra a casa.
-"Ei marelo pra diante"-un labrego que pasa.

Toca as Avemarías a  campana da aldea...
E no curral seus rezos marmullan dúas veciñas
e lámbense dúas vacas tocando as campaíñas.

IDILIO

Nos ramos do loureiro
cantaruxaba o  merlo namorisqueiro.
E no medio das silvas agachadiña,
cacarexaba a merla namoradiña.

O merlo atervou onde
súa noiva estaba.
-Moito cararexas,
-dille el.-I ela responde:
-Pra que me oias,anque non me vexas.


De: Codeseira




viernes, 20 de septiembre de 2013

CAMPO, Marica






7


O mundo era unha praia e ti volvías
de percorrer a nado o firmamento:
ecos doutras galaxias coma un vento
constelado de voces, profecías,

Palabras como raios me traías,
velocidade en luz de tempo lento,
talismáns como estelas de contento,
siderais aves blancas, cotovías,

cabelos de cometa alporizados,
sons de luceiros, sons extraviados,
cósmico po, astral orballo aceso,

xasmíns de sol, planetas isolados,
extraños alieníxenas varados
do fondo do teu ser !ai,  tanto peso!

33

Adeus , amor, pedinche luz prestada
para facer a cor destes poemas,
luz de sol feble e non de estrataxemas
para entrares ti enteiro na labarada.

Quería un ton menor, a voz coutada,
outras xeografías e outros temas ,
mais asolagadas sempre cos teus lemas
e non deixas espacio para nada.

Adeus, amor, tal vez veña a buscarte
cando murchen as lilas e haxa lúa
para cubrirche o rostro co meu veo.

Foi ao revés agora a miña arte:
falei de min, mais sempre a conta túa
fixen en ti comigo o meu careo.

De : Pedinche luz prestada