lunes, 24 de marzo de 2014

PARADA JATO, Xesús Alfonso

Nado en Meiraos  , Folgoso de Courel (1.967) , escritor e artista plástico, colabora en numerosas revistas coma Xistral.

III

-¿ D´ onde veis?

-Da campa
-Andaba a auga quebrada?
-Non , hoxe non
-Non sei a qué fuches.

Olla os cumes envoltos na néboa
o abrazo das aciñeiras
as pedras brancas calías
o osn das fervenzas
de claras e limpas augas.

Lembra sempre , das uces, a cor súa
as pingas da choiva
mesturadas con raiolas.

(De : A cor das uces)


PROPOÑO NON DICIR NADA DE TANTAS COUSAS QUE
marchan
á danza das ánimas polas corredoiras.
Que foi dos caneleiros?
Só na memoria, rouco son o mencer.

O arado rabuña as terras que hoxe aran.
Florea o canso mazairo.Entre sombras só hai 
dor 
en catro cachos.

A xeada conxela o pouco que queda.
Roxen pisadas alleas.
verbas
na noite enteira.

DEVEZO POLAS CORES DA LÚA DE MAIO
cando é verán 
adiantado.
Tras a ponte xa se ven terras
espidas de flores.

Ollo cara ao infinito
mentres o día foxe ledo
e incerto.
Ollo cara a cerdeira que foi roxa
no inverno, ardendo.

Da obra colectiva: Sentimentalismo.Antoloxía de refrencia .Etapa de fundación

lunes, 17 de marzo de 2014

FERREIRO REAL, Cristina

                                                      



                                                   Enlace a su blog   : http://cristinha.blogspot.com.es/



  
FLASHBACK
I
durmo a medias
meto o dedo no café (*1)
suando motivos

as pombas
na miña man esquerda
reprodúcense.

II
este poema remata no inicio das túas mans
o desquilibrio escapado en ti

(o desequilibrio era unha pomba
e ti (*2) o desequilibrio
 granulado)

III
que este texto sexa unha cadeira dobregada (*3)
ou o poder bipartito
do bafo
das mans marcadas na mesa
ou o sensentido das carreteras
e esta
esta que sexa a hora de chopin
eterno(*4)interludio
dos camiños

que sexa isto dioivo
e que sexa no teu costado
para que te inclines
en papeis acartonados

pero o ceo non é nube
o ceo tiña dentro
clítoris descalzos(*5)
....extraviados
e un faiado.


.......................................................
*1: flashback I
*2 : flashback II
3*:   flashback III
4* :  flashback IV
*5:  flashbackV


(De: Desequilibras e caer)


DOROTHY TAMPOUCO ESTABA ALÍ: TEORÍA DA CASA

I

No fondo da escena  limpabamos a auga e furgabamos nas
caixas buscando peixes mortos,
cos ollos saídos en postura de agardar nada.A luz non era
suficiente.
Despois o frío de nove invernos entrou nos laboratorios e nas 
casas de contrabando,
con violacións de morada, violacións demoradas,
escenarios acantilados, soldados derretidos,
cabalos correndo cara Java,
area nos zapatos.

II

Poderíamos estar en suspensión.
Dentro da casa hai auga xeada e os seus habitantes teñen pés-patín.
Dentro da casa hai auga.
Fora da casa, isto.
A casa está en suspensión.


(De la obra colectiva: Sentimentalismo.Antoloxía de refrencia .Etapa de fundación)

sábado, 22 de febrero de 2014

LÓPEZ VALCÁRCEL, Xulio


II
Na cidade das pombas mortas
a balazos
é doado atoparse con persoas
que viviron un tempo
non pasado.
É doado atoparse,
na cidade das pombas mortas
 a balazos,
chorros de sangue
zumegando das fontes
sin que naide se abraie.
I é que na cidade
das pombas mortas
abalazos,
o sangue non é azul,
non é marelo;
non é branco
nin siquera bermello.
O sangue é medo
soio medo,
na cidade das pombas mortas
a balazos.
Poden falar de amor
nos cafés,os homes,
dous minutos e catrocentos anos;
poden, ó fin,calquer tarde,
quitarse os zapatos
e non voltar a camiñar sobre da terra,
os homes que dende sempre
esistiron...
na cidade das pombas mortas;
a balazos!


De:Víspera do día


sábado, 1 de febrero de 2014

VALLADARES LÓPEZ , Saturnino


 Fotografía: https://www.bookeiro.com/2017/07/segredos-da-fenix-e-o-primeiro-livro.htm

http://galegos.galiciadigital.com/es/saturnino-valladares-lopez


Incendiando la tarde
arden azules plumas de ternura
con sabor a sol.
Es una gaviota
que, alargándose, cruza mi mirada.

....
Desnúdate,
porque yo soy la sombra de la enredadera.
Tú eres mi patria.
Desnúdate y abrázame,
ahora que por fin te he encontrado.
....

De: Secretos del Fénix

viernes, 24 de enero de 2014

LÓPEZ-CASANOVA, Arcadio






NUNCA tivemos nada, nunca
tivemos nada, nada, nada,
Pois só que vivos era o canto
noso na Terra.Quen cantaba.
(Altos de albor soñamos vida
diante da Casa derrubada,
teitos queimados, mesa pobre
do pan, lareiras desfornadas).
Ollos que ollaron os solpores,
fillos vencidos polas airas,
soas soleiras dende a Noite,
Nunca tivemos, nunca, nada.
Que corazón de canto agora,
que voz de todos, que palabra
nosa diremos...(Dende o exilio
rocha da Morte contra as vagas
da morte sempre) Non tivemos
nin luz nin vida.Nada.Nada
foi noso, Terra.Con que canto
cantar entón...Casa queimada,
rotas as portas, cruz dos mortos
crucificados polas campas,
adro dos himnos, hortos, ermos
montes da sombra, soa herdanza
de soños pra quen vive.(Quen
poeta agora sen palabra,
sen voz de todos e sen vida,
sen canto novo que nos salva).
Nada tivemos nunca, nunca;
nunca tivemos nada, nada.
Orfos de Terra, nunha terra,
teito queimado a nosa Casa,
fillos no leito do sudario,
homes de exilio,(quen cantara
cancións de vivos cando soios
estamos,soios).Nunca nada
tivemos nunca..Ollos que ollaron
vellos solpores, anos, ramas
de luz, de vida, altas soleiras
do Pazo, Terra, Templo, azas
do corazón, do corazón,
do corazón...(Quen o cantara
Ora na Noite).Non tivemos
nin a palabra.
Nada, nada
tivemos, non.
Fillos do exilio,
himno dos mortos, cruz das campas,
montes da sombra, hortos, ermos,
adros de pedra –(!quen cantara
ora na Noite!)-portas rotas,
altar do cáliz, teito e Casa
queimados sempre.
Non tivemos
-de ninguén fillos- nin palabra.


(De: Memoria dunha eda)




DO POEMA


O poema:
tonal de sentimento
e o son da palabra
no suco do verso.

Á luz do poema,
eu do labirinto
dende o escuro espella.

Lámpada do verso:
revelar as sombras
que espreitan por dentro.

Non imite a troba
á fonte do monte,
sempre a gurgullar
cos mesmos acordes.

A palabra espida?
Lingua barateira
do peor escriba.

O verso, libre ou medido?
Que máis ten, se se saben
tanguer as cordas do ritmo!

Atende ó soneto:
rima e sílabas contadas
para afondar no segredo.

(Coda)
Sexa o poema o que
certo deba ser:
Secreta mensaxe
que se afai á luz
da esteticidade.


De: Dicir unha razón

domingo, 24 de noviembre de 2013

POCIÑA PÉREZ, Andrés



 

SE PODESE COPIAR A WHITMAN

Hoxe xogo os intertextos
e maxino que podo copiar a Whitman
The poet of the Body
the poet of the Soul
quizais porque tamén eu creo
que unha silveira quedaría moi ben nos parladoiros do ceo.

Penso en ti
(agora no teu corpo)
e fáiseme verso a pura anatomía
cabeza, colo , pelo, orellas, lobo e tímpano das orellas
head, neck, hair,ears, drop and tympan of the ears
un verso só se son teus
como os do corpo de Whitman
hips, hip-sockets, hip-strenght, inward and outward round,
man-balls, man root
cadeiras
articulacións das cadeiras
forza das cadeiras
redondez cóncava e convexa
bolas de home, raíz de home
do corpo de Whitman
no verso de Whitman
que non pode ser no teu.

Unha eternidade de cultura machista fíxonos impronunciábeis no verso as palabras auténticas para chamar aquelas partes do teu corpo polas que o meu se axita.

Quédome daquela
cos teus ollos,
beizos, fázulas, orellas, colo,
e calo aquelas outras
que seica non entran no verso
(mesmo se son túas)
máis por seren túas
nelas penso,
e tamén porque son partes da alma
ou mesmo a alma
(O say now there are the soul)
coma dicía Whitman.

(De: Versos para Aurora)

POEMA ONÍRICO 18

Ábrome de pernas
cando xa sei que ninguén vai vir
e tócome mainiño,
docemente,
sen presas
teimando que tarde o momento final
que sempre é o mesmo,
e despois nada.
Despois venme sempre a tristura de pensar
que teño unha man por amante,
eu , que sempre soñei com fermosas mulleres,
louras ou morenas, que máis dá,
de ollos castaños, negros, azuis, verdes
¿vou poñer condicións, eu?
con labres grandes e carnosos, eso si, por favor,
e de peitos medianos, recheos, ergueitos,
como as soño
cando comenzo a tocarme coa dereita, miña amante.
Como un rapaz calquera, ¿non é?
Como calquera rapaz.

Onte cumprín corenta anos.


De: Apócrifo de Fiz matinado en sonos