Emma crea una voz y un personaje poético para cada poema, y
todos los poemas tienen un destinatario.
Porque esta vez todos se irán contigo en cada verso
(Todos se irán contigo)Emma Couceiro
(SEXTA)-MENTIROSA
No seu afán
de protesta foi máis alá do limite, crendo ter o dereito e a forza para vivir
segundo as súas propias leis. Así foi como se acostumou, por exemplo, a
considerar o emprego da verdade como un dereito persoal sobre o que podía
decidir valéndose do seu propio criterio. Por aquel entón puxéronlle a etiqueta
de mentirosa"
Margarete
Buber-Neuman (1977)
Por aquel
entón
escurecía a terra dos ollos para agravar os feitos
como se esta fose unha enfermidade contaxiosa.
Hai segredos que se parecen demasiado a min, asenten
canda min
e pasan por alto anacos da trama,
verdades inútiles que non xustifican (despois de todo)
a estratexia que elixín para contar esta historia.
Hai segredos insobornables, son a liña que separa a circunstancia
e a vida.

Asi pois
(cito):
agora pensa que se podes desafiar a miña memoria,
agora pensa que se podes desafiar a miña memoria,
(esta
que teme por min,
que nunca esgota as apariencias
afeita a improvisar os espacios os tempos,
a versión máis amable
a indulxente)
que nunca esgota as apariencias
afeita a improvisar os espacios os tempos,
a versión máis amable
a indulxente)
Que non sei
cal é a realidade que non vexo,
é real a perda
e así mesmo a certeza
de que en nós
vive algo que non conseguiu escapar.
é real a perda
e así mesmo a certeza
de que en nós
vive algo que non conseguiu escapar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario