A SOIDADE DA VELLIÑA
Aló, no cumio, xa tocando o ceo,
naquela montaña brava,
tiña a súa pequena casiña
cuberta de pallas e xestas
unha dona solteira e velliña.
No caseto vivo, facía xogo
unha soia portiña e un ventanuco.
Aló, na perdida montaña
sen ningunha compaña,
paseaba a velliña soa.
Un día abriu o miradoiro
por mor de ver algún ser vivo
que alí acougara.
Pasou un lobo, mirou de reollo,
chamouno, mais non entrou.
Logo apareceu un lucido raposo,
que erguendo o rabo liscou.
Unha lebre pasou a todo correr,
ía atizada por un famélico can.
Diante de tanta correría
a velliña pechou a fiestra.
¡Que máis dá!
¡A morte pasará!
LEMBRANZAS DUN CAN
Eu tiven un can
que choraba por min,
cando os meus ollos dormitaban
como se avisar quixeran.
Foi tan fel aquel can,
que aínda penso para min,
que sería ben deixar
un mandar.
¡Enterralo no meu panteón!
para que cando aló nos xuntemos,
dos bos tempos pasados
os dous nos lembremos.
De: Os sons da braña
De: Os sons da braña
Potentes versos os de Yebra. Puros, limpos, con sentimento... Que máis se pode pedir. A súa valía como pintor abafou o recoñecemento da súa obra literaria.
ResponderEliminarGrazas polo comentario María José.Unha aperta
ResponderEliminar