Moncho (Mondoñedo,1960) estudou enxeñería electrónica na Universidade de Eibar, mais adicase a música, a poesía e o dibuxo. Aos 16 anos toca a guitarra no trío Os Trovadores.
E autor de tres libros de música: O son dunha gaita a beira do masma , Manual de afinación para gaita e A música en Mondoñedo , o último en colaboración con García Doural .
NO INVERNO
A aldea
quedou soliña
na pecha
noite de inverno,
que farían
as súas pedras
pra merecer
ese inferno...
No remate
do outono
morreu o
velliño Xoán,
houbo ser o
derradeiro
que pisou
naquel lugar.
Morreu con
pena ó saber
que xa
ninguén máis quedaba
pra
defender os seus eidos,
a terra que
tanto amaba.
Sete casas
e cabozos,
un canciño
orfo, sen pai,
o carro ó
pé do camiño,
unha vida
que se vai.
Quen vai a
vagar agora
polas
mestas carballeiras,
quen vai
recoller os froitos,
quen vai
labrar as súas leiras..
NO
AREAL
Nun
rinconciño da praia
unha noite
de luar
dous corazóns
magoados,
dous
corazóns cara ao mar.
Amarrados
con cadeas
na beiriña
do areal,
soños de
leda tenrura,
doce anceio
de voar
No hay comentarios:
Publicar un comentario