lunes, 25 de septiembre de 2017

CORDAL FUSTES, Xavier




Xabier Cordal 2013.JPG


Nado na Coruña  exerce como profesor no IES da Terra Chá
---

Nese caso diría a verdade,
eu qué sei, que fun concibido 
entre nácar , cando a muller do océano
conquistou a hora libre.Que o ceo era azul
e moitas peixeiras lavaban 
as maos con sakito.
  
A visión acontece en Foz,
sobre o colector da varredura.
Sae o sol de resaca
polo mar e pecharon a xógara.Meu rei deitado,
mentres agarda o bus, transforma a auga 
en lúpulo, pensa en verso,
a cabeza florida: "verzas 
como emperatrices"

MONTE ALTO
  
Durmía baixo un faro, 
baixo as horas, a noite intermitente.
A primeira cousa que me deu medo foi a indiferencia
da Torre,a exactitude da luz
ao vencer o ceo escuro,o seu cálculo
para sinalar as tebras.
(Ía poñer , a manía de sempre, que nacera en brazos dun cíclope:
como si o faro fose un cíclope, ou o cíclope un faro).
Frente á casa, de mañá, había leiras ,
e o leite quentaba as maos, traía
 aínda o calor da vaca
a través do metal.

De: A vella peneira a noite





No hay comentarios:

Publicar un comentario