Nado en Ourense (1938) .Entre 1962 e 1964 exerce de mestre no Colexio Fingoi de Lugo até que obtivo a cátedra de Lengua e Literatura e instálase en Vigo.
Contra Maquieiro
XX
Proletario non o esquenzas
Maquieiro hogano é plenitude tersa
with plena usura
limpo coma o design
é o resplandor no ecrán da computadora
cando apagamos e saímos
non o esquenzas un pelícano dorme na pantalla
Senecto córpore
II
Chiño, vello, cabrón e malote;
bichicoma.
Tamén non perderás endexamais a colchoneta
de Grand Sole.
Ao lombo a bolsa das mudas e a colchoneta.
A paregha de Bouzas.
O engulo no Mar Céltico.
As Arán a Nordeste e aquel amigo
o Domínguez, de Trintxerpe, que matou a tiro de revólver
o Costa servil do Rosa Cudilleiro estando
a cruzar o Mar das Galiñas ou Pardelas.
Darás sacado da túa alma a posesión maldita
Chiño, meu, daquela colchoneta ou ignominia
naval?
De : Contra Maquieiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario