Nada en Cáceres , traballou como profesora de enseñanza secundaria no Instituto Masculino de Lugo onde coñece a Xesús Alonso Montero e comenza o seu amor polo idioma galego.
EN XERUNDIO XERUNDIANDO
Vou xerundiando con xerundios feos
en tanto que -indo e -endo andan rillando
no fígado la luz e, á vez, matando
as faiscas fugaces de mil ceos.
En torpe trote, sen paixón nin freos,
afundindo, e moendo, e alongando,
cae o verbo ó lameiro, só ficando
un ecoar envolto en sucios veos.
Coma serpe noxenta vai fuxindo
do espírito do tempo e da persoa
e irrompe o xerundiazo arremetendo
Plúmbeas curvas trazando e repetindo,
tersuras virxes de papel baldoa
a pluma que xerundia aterrecendo.
.....
O chío namorado
do reiseñor
rachou a noite mesta
con fonda dor.
Cristal e lúa,
pranto, estrelas, silencio,
frío e loucura.
De: Elexías de luz
No hay comentarios:
Publicar un comentario