sábado, 4 de enero de 2020

BAO REIXA, Lupe




Lupe Bao Reixa, nada na parroquia luguesa de Santa Comba é  escritora e mestra de mecánica. Autora do libro Mecánica poética e barbaridade, escribe en varias publicacións colectivas como a revista Xistral, Poetas en Lugo ou Un feixe de poesía
Lupe Bao Reixa

Foto: http://redenasa.tv/es/perfil/761/

Crido

Que saibas que por aquí xa pasei e que non es máis ca min
nin menos
que fun eu  quen te buscou
E que non mereceu a pena.



............

A felicidade das leitugas e a casa de madeira.


Cando rematei , vocalizou con desprezo: “Ti sempre estás feliz, ti es
 feliz con calquera cousa”.Botei contas en segundos e respondín: “Si, é
verdade”.
E  subín no coche cun sorriso escondido e atravesei a Chaira coma
quen vai para o Atlántico aberto.
banda sonora:
Por qué non hei de cantare
Mónica de Nut trio







No hay comentarios:

Publicar un comentario