Nado en Abadín (1884) estudou no seminario de Mondoñedo e exerceu de párroco de Baroncelle.Publicou un libro: Fala d´as Musas .
https://gl.wikipedia.org/wiki/Daniel_Pernas_Nieto
AFIRMACIÓN
N-o teu colo, ruliña mimosa,
tí que pasas bicándome a testa,
n-o teu colo quixera morrer,
ouh musa gallega.
Non cobizo d’as grorias a palma
nin adoito subir para véla,
si escabardo pra lonxe, Galicia,
teu nome m’alenta.
Anque os tempos trocándose van,
anque os campos sin brazos se vexan,
n-o peito gardarán os teus fillos
lembranzas d’o Celta.
Dos caciques malditos que sorben,
–esfamiados– o sangue das venas,
xa borralla farán os labregos
que sofren e penan.
Os encantos d’a nov’alborada
que remansa camiño d’aldea...
laparada que xurde n-os eidos,
Galicia, desperta.
A VELLIÑA
Enriba d’a probiña van caindo
as folerpas d’a neve mainamente,
ela peta co’a moca n-os puxigos;
i-o gonzo ferruxente
as portas quedas ó seu paso deixa,
e soilo un can que a sente
de ves en cando lle responde á probe
,
somellando decir queixosamente,
que a millor d’as virtudes mal s’atopa,
que d’a noite o relente
i-a mesma neve lle farán un leit
o
negado pol-a xente.
.Eu cando penso n-a vida
que levan sobre d’a terra
os que a Dios decraran guerra,
sinto a miña i-alma frida.
Corazón onde n-anida
a Fé, ¿qu’esperades d’él?
Dichos’o peisano fiel
que mora n-as irtas lombas,
sin procatarse d’as bombas
que fan d’o mundo un Babel.
De: Fala d´as Musas
No hay comentarios:
Publicar un comentario