Nada en Vilalba , profesora do CEIP acaba a súa etapa docente no IES Anxel Fole de Lugo como profesora de Lingua Galega.Forma parte do grupo de poetas e artistas plásticos Roteiro das Artes. Ten editados os poemarios: Latexos (2006), Cuncheiro (2016), Convulsións (2018), Camaleón (2019), Año MMXX . Año MMXX (2021).
ALECRÍN
Quizais son a flor do TOXO
Arrodeada de espiñas.
Teño os pétalos de cera,
Consistente ao tacto, forte,
pero ao mesmo tempo branda
Que se pode derreter
Coa leve brisa do amor,
Con furacán de paixón,
Con pena allea tamén.
..............................
Miña coraza, as espiñas.
Grazas a elas eu vivo
No meu Edén dos Ensoños
Protexida, protexida..
Se alguén me arrinca unha espiña
O lume fíreme ardente
E adoezo coa dor.
.......................
Pobre flor!
De: Convulsións
No hay comentarios:
Publicar un comentario