Nada en Escairón (1987) é licenciada en Filoloxía Galega pola USC . Os seus poemas foron publicados en revistas literarias como Xistral e Dorna , tamén en libros colectivos.
Obra poética: Botar o mar polos ollos (2005) , Mamá pelícano (2020)
Imaxe tomada de:https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/estiven-ano-medio-escribindo-mama-pelicano-libro-eu-creo-moi-duro/201911101919121406487.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Alicia_Fern%C3%A1ndez_Rodr%C3%ADguez
Hoxe estás tan triste, pero tanto ,
que me dá por romperche a porcelana.
Media ducia de cuncas de café
a sopeira por estrear
e á túa bailarina favorita a perna esquerda,
a que a sostiña.
Os anacos da zapatilla póusollos no tutú.
Tantísimo, tan triste,
que tamén escacho a bandexa dos entremeses,
todos os floreiros que alcanzo
e aínda volvo onde á bailarina.
Unicamente para que chores
para que teñas máis razóns.
De: Mamá Pelícano
No hay comentarios:
Publicar un comentario