Nada en Román-Vilalba é licenciada en dereito pola USC. Acadou diversos premios en certames de poesía como o Xoan de Requeixo do Círculo Recreativo Cultural de Chantada, o Rosalía de Castro de Cornellá-Barcelona ou o Díaz Jácome de Mondoñedo.Tamén colabora en publicacións :Manifesto 25N , NPG GaZeta e Xistral. O contido do seu poemario Instintos , ilustrado por Viki Rivadulla, está vinculado ás orixes, á maternidade, e ao feminismo.
Imaxe: https://axendacultural.aelg.gal/tag/luz-airado-bello/
ESPIRAL
E hoxe bótolle un pulso ao instinto.
Fico queda.
Os ollos pechos.
Tratando de conter un desbordamento
que se anuncia en cascada.
Os ollos pechos!
Toda escuridade na que reprimirme
é pouca.
Sei que ao primeiro fulgor que me atravese as pálpebras
revolvereime cara ti
nunha espiral de forza centrípeta
sen posibilidade de volta.
De: Instintos
No hay comentarios:
Publicar un comentario