jueves, 16 de noviembre de 2023

LAMAS , Anxo

     Nado no 1944 en Bazar- Castro de Rei , estuda no Seminario de Mondoñedo e no Instituto de Lugo.



https://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/content/anxo-lamas


O VOSO AMIGO

Eu son amigo teu, xesta florida,

e teu tamén , toxo picudo.

Amigo son, da auga e do fogo,

da bolboreta con cores chispeantes,

do ratiño do campo, bulideiro.

Coma vosoutros estou feito de terra,

feito de po, de lama, de follas secas;

e comma vós, cando me chegue o día,

vaidoso serie de volver a ela.


O NIÑO DO MERLO

Na silveira da fraga lonxana

fixo o niño un merlo afouto,

escondido no medio do souto

para a merla lizgaira e louzana.


Pendurado na punta da rama

dun carballo retorto e raiano,

entre un rego e o prado secano

coa molida de mofo e de grama.


Converteuno nun berce choupano

pra que a merla pouxera tres ovos

que co tempo serían tres merlos

que voaron do niño temprano,

revoltosos, inquedos, con poucos miolos,

relucindo os seus picos marelos.


De: Tebras






No hay comentarios:

Publicar un comentario