lunes, 30 de mayo de 2016

CHAO LEDO, Xosé María




A VOLTA DA PRIMAVEIRA
(Imitación de Ovidio)

O brando Favonio xa sopra na veiga.
O merlo asubía fervendo de amor.
A doce ruliña xa brua na chousa.
Xa atruta nos soutos o cuco traidor.

Os nenos xa collen as lilas y as maias
na beira do río, no monte, no val.
Xardís son as veigas i os altos penedos.
Xardín delicioso volvéuse o toxal.

A cabra relouca mas brañas pacendo
ó doce da abella monótono son..
Roseiras, ourego, perfumes, cantares.
¡Qué Dios te bendiga, garrida estación!

O noso labrego sorrindo ademira
os agros inmensos que veñen e van;
os agros inmensos que chucha Favonio,
os agros inmensos y as combas que fan.

Ei, Musa, desperta, ruliña graciosa.
Pasaron as neves, abril xa chegóu.
Na beira do río pulsémola lira,
as maias xa baila; xa o merlo cantóu.

Cantémolas veigas, cantémolos montes
cantémolos ríos y as voltas que fan;
cantémolos agros, ruliña graciosa,
os agros inmensos que veñen en van.





HISTORIA DUNHA ROSIÑA

Antes foi, pola  tardiña,
estando á beira do río
vin unha rosa branquiña
que axitaba a cabeciña
toda tembrando de frío.

¡Ai!O Norte asubiaba
entre os ispidos salgueiros....
de frío todo tembraba,
todo parecía que daba
os suspiros derradeiros.

Tristemente cheguéime eu
a aquela dorida fror
que o sol de maio non veu
nin os chuchiños sintéu
do Favonio nin o amor.

E vina .....Fror sin  ventura!
Xa deitadiña no chan...
Morta, si....tanta fermosura
deume máis e máis tristura
i acariciéina coa man.

E nin aroma botaba 
nin brillo tiña a infeliz.
A morte nela reinaba
i onde a morte os olloos crava
todo é morte e pena alí.

I a rosiña agariméi
con cariño e pena eu
i ó irme d-alí non sei
porque triste suspiréi.
¡Rigores do sino meu!

De: Poemas Galegos

sábado, 21 de mayo de 2016

GOMES , Afonso ou Álvaro (xograr de Sarria)





No Cancioneiro da Vaticana aparecen dúas composicións de maldizer ou escarnio  .O nome do autor  pode ser Alvaro ou Afonso (Aº Gomes)  ó que chaman "xograr de Sarria".


Aº Gomes, jograr de Sarria, fez esta cántiga a Martim Moxa

Martim Moxa, a mia alma se perca
polo foder se vos pecado avedes
nen por bõos filhos que fazedes;
mays avedes pecado pola herva
que comestes que vos faz viver
tam gran tempo, que podedes saber
muy bem quando naceu Adam et Eva.
  
Nem outrossi dos filhos barvados
nom vos acho hy por pecador,
senom dos tempos grandes traspasados
que acordades - e sodes pastor.
Dizede-m'ora, se vejades prazer:
de que tempo podíades seer
quand'estragou ali o Almançor?
   
De profaçar  a gente sandias
nom avedes por que vos embargar,
nem por que filhardes em vós pesar,
ca o nom dizem senom com perfia.
Dizede-m'ora, se Deus vos perdom:
quando nacestes vós? Ant'a sazom
que encarnou Deus em Santa Maria?

Cantiga 470 del "Cancioneiro da Vaticana"-Siglo XIII



viernes, 6 de mayo de 2016

NOVO , Isidro





DÍA DE BRÉTEMA

Aquél día debería ser domingo
pero a brétema non lle deixou nacer

O automóbil ciscouno na calzada
deixándolle os ollos abertos
contemplando o cinismo do ceo

O sangue evadíase covarde
cara ao sumidoiro
e a dentamia postiza
sorría exiliada na beirarrúa

Pateaban os miróns
queixándose do frío
e da tardanza da autoridade
e da ambulancia

Pero un esperanzou aos demais
dicíndolles que o home do tempo
derá para mañá
día despexado
e subida das temperaturas.

SINOPSE

Cada mañá asómase ao espello
corrixe o alento
amósase novo
limpa o onte que empaza a súa imaxe
e bótase ás rúas da vida
co interior desarroupado

Pero unha sombra fría
coma sudario maldito
agarda sempre por tódolos naceres seus
esganándolle as arelas coa súa negrume visguenta.


 De: Esteiro de noites falecidas


viernes, 29 de abril de 2016

PÉREZ BARREIRO, Fernando


Nado en Viveiro (1896)  foi  xornalista, escritor e político.  Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro  e a política en Ferrol


https://gl.wikipedia.org/wiki/Fernando_P%C3%A9rez_Barreiro




O GRILO

Com´o ébano mouriño
asoma pol-o burato
a cabeciña d´o grilo;
olla receloso o campo,
c´os cornos como dosu fíos
recolle as ondas d´o ar
por mor de si hay perigro.
Botouse fora, y-o sol
cai sobr´o corpo do grilo,
que estira as patas y-as âs
d´o seu corpo entumecido.
E relouca d´alegría,
rompendo a cantar o grilo.

E tal alboroto armou
que saleu tamén a grila:
_"Cala, meu griliño, cala,
que ouvín decir a os da vila
que a muller por faladora
sempre se perdeu na vida.
Dios non quixo qu´eu cantase,
pois fixo mudas as grilas
e por iso nas grileiras 
non nos queren.E non sigas
si e que non queres perderte,
que mais val calar na vida"


OS EMPEÑADOS


Pra comer ,empeña a roupa,
a boa roupa de lá,
o carneiro, ô seu amo.
Pra comer ha de empeñar
o leite a coitada vaca
d´andar canso e triste fas.

Pra comer, tamén o porco
ha de tere que empeñar
seus xamóns e seus lacós,
o touciño y-a soá.
Y-a galiña pra comere
tamén terá que empeñar
os ovos  y-os seus pitiños,
y-ela mesma cecáis.

Pra comer tamén empeña
o coello no corral,
o seu pelexo y-as crías
que a coella lle ha de dar.
Y-o home, por non ser menos,
por comer ¿qué non fará?
¿Cántos teñen empeñada
hastr-a sua libertad!....


De: Ducia e pique de fábulas

sábado, 16 de abril de 2016

GONZÁLEZ ÁLVAREZ, Montse


Resultado de imagen de Montse gonzalez alvarez

Montse nace en Lugo, como ela di " do barrio da Milagrosa", estudou Filoloxía en Santiago de Compostela. Chorimas Seriodias  é o seu primer poemario


http://radiolugo.info/chorimas-serodias/

ROSA E GRAAL

 Fomos comestos do diluvio do peito.
Fomos plica, rosa e Graal.
Reclusos dos terzos de axiomas incertos,
fomos.

Facemos presos nas vésperas
-de satén e de candeas-

Ficamos a desandar
-ás toas sen folgos-
e,coas costas á nordesía,
saldamos de novo
a alfándega e o pesar.

Mais, se novamente me vas amar,
vén de dogmas espido,
de censuras e leis.

Vén ceibe do antes e do onte,
sen cadeas de ingratos reproches,
sen ollos fitando de esguello...

Vén coas redes nos bicos,
cos bicos sollados.

Vén prendendo das mans unha nube.
Vén preso dos fieitos das beiras.



BRANCA LIÑA


Adoito reclinatorio,
pesadelos,
sombras,
diques de ficción.

De vagar,
van asentando os augurios,
un poñer o pé na branca
liña de cal.

Non sei se empurrar a aldraba,
crebar os gonzos,
e verter o que resta de min
-pingueiras de escuras cuncas-
no limiar do sosego.

De Chorimas serodias





domingo, 10 de abril de 2016

DE REQUEIXO, Xohán (Johan)

A tenor do estudo da súa obra, parece que naceu  na segunda metade do século XIII. Sobre o lugar exacto do acontecemento non se ten certeza absoluta aínda que o patronímico do xograr  fai sospeitar  que a súa orixe está na parroquia de Santiago de Requeixo.




CANTIGA DE AMIGO

Fui eu, madr’ en romaria
     a faro con meu amigo
e venho del namorada
     por quanto falou  comigo
ca mi iurou que morria por mi;
 tal ben mi quería.

Leda venho da ermida 
   e d´esta vez leda serey,
ca faley  co meu amigo,
    o que sempre desejey;
ca mi iurou que morria por mi;
 tal ben mi queria.

D’ u m’ eu vi con meu amigo,
     vin leda, se Deus mi perdon,
ca nunca lhi cuyd’ a mentir
     por quanto m’ el diss’ entón;
ca mi iurou que morria por mi:
 tal ben mi queria.


Es la 894 del "Cancioneiro da Vaticana", Século XIII