jueves, 31 de marzo de 2016

OTERO CANTO, Xosé










FIESTRAS


A cidade ten máis ollos ca Argos
nos andares rematados en fiestras.
Ao anoitecer pechan as súas palpebras brancas de persiana
en baixantes lamelas cicatrizadas
de feridas que axustan a noite ao silencio,
para descubrir pesares entristecidos
na pendura meditación absorta en soños,
que se eleva ao gurgullar ausencias
e ao nacer a luz do outro lado da fantasía
enchida nas pucharcas da imaxinación
e nas cavilosidades enmadeixadas da realidade.
Confusións do espírito que patexa
pola ausencia dunha verdade
que se proxecta na virtuallidade do sono

HAI PALABRAS NA INOCENCIA DOS MUROS

Hai palabras escritas
na inocencia branca dos muros.

Hai palabras presentidas e hai  palabras encubertas.

Hai palabras agachadas en capas de pintura política;
e hai política pintada en palabras negras.

Hai palabras que acariñan quereres
e hai corazóns desqueridos.

Hai palabras vermellas
que berran clamores
e hai palabras que claman ao ceo
rompendo as aldrabas dos peitos
en solicitudes de audiencia no clamor da terra.

Hai branca pintura tapando os gritos descarnados,
e a política que queres
.............e os corazóns malqueridos.

De: Poemas da cidade

miércoles, 23 de marzo de 2016

BLANCO ALVITE, Jesús José


TU DORMIAS EN UN LECHO DE LABIOS CRUZADOS

Tu dormías en un lecho de labios cruzados,
eras como la aurora desvanecida
en el desposorio azul de las fuentes.

Tus recuerdos envolvían botones sin pétalos,
aquellos botones que cada mañana
morían abrazados en alfileres de luz.

Aún los instantes
deslizan por tus ojos los delantales albos
que en todas las horas
señalan el camino de las aguas corrientes.

Todos los preludios
tronzaron tus momentos musicales,
ecuaciones en la incógnita de ruídos.

¿No piensas
porque el céfiro ceñía a tu talle
aquel velo infinito
que formaron las hojas con su muerte?

Te hallabas abstraída
por las cúspides verdes
que olvidaron su otoño.
y las gotas encarnadas
que expulsaste en los crepúsculos dormidos
encendían tu carne
con el deseo de todos los deleites espontáneos
¡Déjame recoger tus pétalos…!
esos pétalos sin límites
que rompieron el descanso del rocío
en su interminable ruta de sed.

Tus contornos enfermizos
exprimieron las esencias acabadas
del astro que nunca volvería
a incendiar tus cabellos,
aquellos cabellos tan blancos y débiles
que buscaban raudales de sol a distancia.

Y así tu cuerpo hecho polvo
olvidó el efímero azar que cada tarde
aportaba a los ríos raudales triste
como los bordes de un eco moribundo.

Ciñe mis sienes con la voz lánguida
que en el crepúsculo besa la bruma dormida,
sobre el manantial inmóvil
donde los espejos rompieron
las quebradas inevitales del destino.
Haz de la penumbra en que vivo
Un nuevo horizonte de rosas desangradas.

TARDE GRIS

Quiero sumirme
en el monótono canto de la lluvia,
esa lluvia que humedece los senderos morados
como una imagen perdida en un beso de nubes.

Ella dobla las espinas dorsales
de mi ilusión deshecha
por las ramas que vieron nacer la primavera
en la endeble juventud de su cuerpo.

El viento,
balada de instantes,
tuerce mis manos
al compás de los sueños que todos los días
repiten el mismo espacio insondable.

Anhelo que ese viento
imprima con cautela, de viejas añoranzas
mi cuerpo oprimido por el roce inacabado
de las gotas de agua,
de las gotas de agua que lentamente
dijeron el último  adiós a las rocas, a las flores y a los ríos.

Ahora….
como rauda sucesión de minutos instantáneos
mis ideas perecen en el polvo,
en el polvo gris
que ha juntado las gotas de la lluvia,
de la lluvia insistente y sagaz,
vidrio improvisado de mis pensamientos.

En las reiteradas curvas de los árboles,
curvas de plomo que forman las hojas al romperse,
cantan los pájaros húmedos
su aviso final a la ribera
donde vive la esperanza convertida en abrojos.

Mi insensato delirio de distancias
lleva los ecos de la tarde
que se asocian con análogo afán de conocerse
y producen la misma inquietud
en las aguas torrenciales,
voces humanas que encubrieron sus ahogos
en el jugo refrescante de la hierba
extinguida en los confines de un suspiro ondulado.

Y así bulle mi inquieta fantasía
aportando a los rincones oscuros de los valles
ambiciones ocultas en un rayo de luz inexistente,
aquel rayo que agrandaba todas las figuras
con deseo de abrazar a un Dios desconocido,
vaguedad insólita de una tarde de fiebre.

De: Baladas de Agonía


lunes, 14 de marzo de 2016

GONZÁLEZ LÓPEZ, Luis

Chamado Lois de Cando,  fillo de pais galegos, nace en Madrid en 1866 e  morre  en Barcelona no 1916.Coñecido como   “Él poeta de los cantares”, colaborou nas  máis  importantes revistas e xornais  da época.
No ano 1869  volta a terra,   e vive  un tempo cos seus avós paternos na  Casa de Méndez, en Neira de Rei, concello de Baralla.O seu sentir  galego perdurou  alén de Galiza , cando se mudou definitivamente  a Madrid coa súa familia .
Ricardo Gómez Polín recolle no seu libro A  víspera de San Xoan en Montecubeiro  (1891-1991) os poemas galegos  de Lois de Cando .


NEIRA DE REI

Non sei que sería, que tivo ese acerto,
non sei se iste é nome do tempo pasado
nin sei se isto é cousa dun xenio encantado.
¡Ningures mo dicen, de quen perguntei.!
Pero é nome posto cos cinco sentidos:
a terra cuberta de fruitas e froles,
a terra das nenas con cara de soles,
a terra encantada de Neira de Rei.
A nai que me quere naceu nesta terra
i ó pé dunha eiraxa, cal vellos creentes
descansan os corpos dos meus ascendentes:
¡de alí foi a nena que tanto chorei!
Nos anos primeiros da miña crianza
Correndo sin treguas polos soutos e prados;
subindo cerdeiras, saltando valados,
os tempos mellores da vida pasei.
Alí son as nenas xeitosas, garridas,
alí vin as caras máis lindas da terra,
o chao ten os puros prefumes da serra
i a paz dos patriarcas en ela atopei.
Os dolmes dos celtas i os castros dos mouros
ca ponte romana do Mazo, á mamoria
nos tran ós que rastros deixaron na Historia
i aquela terriña tivéronlle lei.
Por ela reñeron, en luitas de morte
legando seus aies ás augas do Neira,
que en tristes queixumes recorre a Riveira
en canto se aparta de Neira de Rei.
Que ten esta terra non podo sabelo,
que chora ó deixala quen pon os pés nela
i alábana todos que chegan a vela.
¡Que meiga de terra.! ¡Que ten non o sei!
Alí, vendo as augas de fontes e regos
do mundo as tristuras esquezo dorido.
¡E cuadrallo xeito seu nome garrido
a terra fidalga de Neira de Rei.!


UN BICO..
Estaba morrendo,
bicoume na frente,
e aquel bico de morte feriume
co fogo da febre.
Estaba a probiña
aspada ca sede,
folguexar non podía, i oupouse
sentada no berce.
Cheáronse de auga
seus ollos, namentres,
cuberto co pano,tapaba eu as bágoas,
querendo conterme.
"¡Adiós! " mui baxiño
¡non podo esquencerme!
me dixo ,"non chores: si a morte me leva,
¡que vas a facerlle!"
I entoncias, cos beizos
ardendo ca febre,
colleume a cabeza, chegóuma ó seu peito,
bicoume na frente.
Derriba da roupa
engorde caieuse,
e non puido decirme xa nada,
non puido xa verme.
Voaba a súa ialma
pró ceo, namentres
eu con ela quixera marcharme,
¡quixera morrerme!
Do bico postreiro
acórdome sempre,
i anínda sinto a calor dos seus beizos
no medio da frente.

De. A víspora de San Xoan de Montecubeiro e outros poemas galegos

Autor: Ricardo Gómez Polín

martes, 16 de febrero de 2016

CARBALLIDO, Cesáreo

Nado en 1971 en Lugo, estuda nas facultades de Filoloxía de Lugo e Santiago de Compostela.Na actualidade vive e traballa en Francia.Sede auga é o seu primer libro , o seu segundo poemario ideado en Poissy leva  por nome  Pequeno sol satélite.


http://www.poesiagalega.org/uploads/media/varela_sieiro_2001_carballido.pdf

aquepi caop er éxilée, laa goraa quea n tessó com íade cide

desprégase o quilómetro fora,
e as horas que a deixaban toda orfa
nai a nai, dedo a dedo
en cada palmo desta casa. Aquí
a pica o perexil é ela, agora
a que antes só comía decide

Exilée


noc um eóp as arn
on puid enver cop elo
co rtein ona cas
aunpo uq uiño
inve rnoeu no nove ndo
inv ern oeun on oouvi ndo
in vernoe uno nocom pro
Dur od  eler

De: Sede auga

entra aquí, dis,
e pola ventá pola que miras ese sol
entro así fago a porta
entro para che cantar, así me queres
e rexéitasme lene e baixiño. Saio
saio fácil, xa non hai nin parede,
en vez diso só quedas ti
como para avisar:

aquí había que pararse e bater

De: Pequeno sol satélite


jueves, 11 de febrero de 2016

FIGUEROA PANISSE, Adela


Entre folha e folha
venha o demo e escolha

Margaridas floridas
macela en flor,
recendo e cor
nos campos de verao.
Flor que se desfolha
Para amantes e escolhas.
Este si
Este non
Folha a folha
O amo escolhe.
Calade! schist!
¿A quen premiou 
o azar da folha?

Margaridas floridas
Inocentes,
Ulindo a verao

Malfadadas bombas
Margaridas
Destruizon masiva
Nos campos do Iraque.

AMOR AO MAR

Amor,
amar o mar,
é amar o berce
da vida.

Auga salgada,
 verde, azul,
no que o corpo mergulha
o espírito flutua
e a-i-alma se arrola 
na arrandieira 
das ondas.

As sereias
E
As ondiñas
Parolan no por-de-sol
Nas rosas rochas de Lira
Sob a ollada do Pindo,
Protector

Amor , porque
Non ves conmigo
amar
No mar?
Que o mar amor
É vida:

Amar, amor,
O mar
É amar
a vida!

De: Vento de amor ao mar 

martes, 2 de febrero de 2016

FERNÁNDEZ ABELLA, Xoán Xosé



https://gl.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Xos%C3%A9_Fern%C3%A1ndez_Abella


O CRAVO DA MIÑA DOR
(Á miña nai)

Teño no meu corazón
de día e noite ,cravado
un cravo., xa enferruxado:
o cravo da miña dor!

Non me abandona un momento,
que el sempre na miña alma
está, roubándome a calma
e traéndome a dor.

Cravo tal nunca creín,
ai! ,merecer como culpa.
E alí está esculca que esculca
sen ter de min compaixón.

Ai!,cravo da miña angustia,
craviño das miñas dores,
craviño dos meus amores
¡cravo do meu corazón!

Lévote sempre cravado
e fasme tan gran ferida
que, sen ti, a miña vida,
miña non  sería ¡non!

Ourense, 1956

CONTRA A GUERRA DE IRAQ

Guerra non,
e non, e non.

Terror, morte, destrucción,
inhumana regresión,
ai!, do humano negación
non ,e non,
e non ,e non!

A razón e o corazón
rexéitana con paixón:
Guerra ,non;
e non, e non!

 Os Tilos, xaneiro, 2003

De: Poemas de amor, loanza, condena e outros