http://www.poesiagalega.org/uploads/media/dopico_lopez_2011_martinez_andrade.pdf
PRELUDIO
Ista é unha
pequena historia de amor e de noites.
A noite acolle agora o seu doado contrapunto có amor
A amada semella a sombra, o aroma de fror
na aquella páxina do libro que xamáis remataremos.
Máis a súa lembranza-era amor,si-inda move
o enganoso pensar craro i o sentimento oscuro
do cor,onde un perde un camiño que xa non é certo
Pra que anticipat a final que sempre volta ó comenzo?
Istes versos poden ser tristes.Ás veces parecen ledos.
Máis a súa verdade está está detrás de todas as cousas.
ORTO E OCASO
Orto e ocaso,
mentiras,
onde o home non vive,
-non hai ataxo pras rectas-.
Antípodas de nós,
a lúa sae
cando morremos.
Os cás pasan ó noso lado
como si tal cousa.
De: Dopico, Montse, e Antón R. López (2011). “Roberto Martínez Andrade”. Galicia Hoxe. “Revista das Letras”: 862 (28 de abril).
De: Dopico, Montse, e Antón R. López (2011). “Roberto Martínez Andrade”. Galicia Hoxe. “Revista das Letras”: 862 (28 de abril).
No hay comentarios:
Publicar un comentario