CANTIGA DO INVERNO
Xa chegóu o inverno.Ven da man do Outono,
coma un neno orfo que fai tolerías.
A paisaxe deulle a esmola dun sono.
-Pólo San Mariño,
ouro no camiño.
Xa é mozo agora.Doe o seu alento.
Alá vai, envolto na capa de néboa,
pola noite adiante, no corcel do vento
-Por Santo Tomé
a neve no pé.
Xa se fixo home.Tempo do Nadal.
oa anxos teceron un manto de neve
para que o mensaxeiro o leve ó Portal.
-Póla Noiteboa,
a lúa non voa.
Xa chegóu a vello.Leva na monteira
froliñas d echoiva i estrelas xeadas.
Xa morreu o Inverno diante a Primaveira.
-Pólo San Xosé,
todo ledo é.
LUGO NO SAN FROILÁN
Xa chegóu o San Froilán
co regalo das castañas.
Trai ás Sanlucas da man.
-Ai amor ,que ben me dañas!
Canta a lúa no muiño,
i a cibdá estase ollando
no craro espello do Miño
-Ai amor, que ves cantando!
Cobrindo a súa sorrisa
co bretemoso martelo,
hoxe madrugou prá misa,
-Ai amor, que loiro pelo!
Mais o sol que quere vela,
con un festeiro aloumiño
descobreu o rostro dela.
-Ai amor, tenzón de niño!
Galana a escoller galán,
co seu dengue de murallas,
vina, saudosa, á serán.
-Ai amor, qué gozo espallas!.
¡Que ben loce a romería
nas vellas rúas! ¡Que ben
chufa o seu traxe a campía!
-Ai amor, coita tamén!
Todos, cun ledo agasallo,
colman a xentil luguesa,
que ten nos ollos orballo.
-Ai amor, canto me pesa!
Hasta eu ,homildosiño,
lle levo unha regalía:
iste soño pequeniño.
-Ai amor, malenconía!
De : Pombal
HISTORIA
DUNHA SOMBRA INFELIZ
¿A sombra é
a mais lonxana
carne das cousas?
-A.Cunqueiro-
carne das cousas?
-A.Cunqueiro-
era diferente das mais sombras. E naide o sabía.
Unha romántica bidueira motivaba a súa vida ignorada.
Era unha sombre vella e sempre recente,
cunha tristura de margarida desfollada
e un corpo de bris sen recendo, ou de orballo sen nacer aínda.
Nunca deixara de ser inocente e sumisa.
Tiña a madurar unha íntima pureza nova
na súa grave exactitude silandeira.
Tremaba ao escoitar as campás de Mondoñedo.
A hora clave de súa ledicia mellor
era aquela en que a Lúa saía a escoitar a serenata dos sapos
e ollaba no espello do río o latexo das estrelas.
Entón tiña de festa o seu vivir insólito
e cantáballe na alma un egoismo saudoso de tan feliz?
Un día calquera
chegaron uns homes que semellaban guerreiros antergos
e mataron á abidueira para facer zocas.
Non se decataron que tamén asasinaban á sombra dela,
miña irmá de anceios sen remate.
Morreu sen queixarse a probiña, morreu docemente
ao sentir que a súa carne -lonxana carne de cousa concreta
xa non podía ter ningún estremecemento sentimental...
De: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/poesia/seculo_xx/longa_noite_de_pedra/escritores/continuadores/xose-diaz-jacome.htmlchegaron uns homes que semellaban guerreiros antergos
e mataron á abidueira para facer zocas.
Non se decataron que tamén asasinaban á sombra dela,
miña irmá de anceios sen remate.
Morreu sen queixarse a probiña, morreu docemente
ao sentir que a súa carne -lonxana carne de cousa concreta
xa non podía ter ningún estremecemento sentimental...
Estupendo proxecto a idea de recopilar os poetas da nosa provincia! Noraboa! Como non sei onde escribirche, coméntoche aquí outros dous autores que tal vez esteas interesada en engadir. Un é Ángel Johán (https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81ngel_Joh%C3%A1n) e o outro Higinio F. de la Vega, meu bisabó. Estou transcribindo algúns dos seus poemas no meu blog (http://jesusdelavega.blogspot.com.es/2017/01/de-ceca-pra-meca-poema-de-mi-bisabuelo.html). Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas pola colaboración Jesús, gran a gran faise celeiro
ResponderEliminarOutra aperta