Nado no 1973 en Oviedo, estuda Filoloxía Hispánica na cidade de Lugo, onde creou e dirixiu a Revista Cultural do Campus, Evohé .
PAXAROS /DENDE O MONTE SEGADE
1.
Galopan os paxaros a ollada.
O bruído das súas ás feren
o silencio do bosque.Están preto
da escuridade e mergullan os seus corpos
en invisíbeis ríos aéreos.
Co seu maxentoso canto
alónganse sen cesar.
2.
Sobre as vizosas fragas do soño
aínda escoito o seu canto.
NOITE- Oº
Para María José, por suposto
Esta noite
o frío porá
música nos nosos dentes.
Fará falla lume:
leña do teu corpo
ludida ao meu
LUGO DORME
Ante os meus pasos
Lugo dorme.
(A néboa
xa prolongou o seu velo
máis alá
do lique de pedra.)
No confín da noite
non podo resistir
a perfección do seu silencio.
De: Definitivo territorio
No hay comentarios:
Publicar un comentario