viernes, 14 de julio de 2017

MURADO LÓPEZ , Miguel-Anxo


Se é certo que todo aquel que morre
enuncia unha pregunta,
eu, Sergei Esenin,
fago estas tres desde unha distancia
de tres palmos do chan:

¿Aceptará a terra negra circasianao meu
resto de silencio?
¿Perdoará o trigo a este pastro bébedo?
¿Dirán por min a súa alta oración os álamos?


(O papel aparece dobrado no interior dun peto dos pantalóns.O corpo ainda se abaneaba no cuarto dunha pensión en Leningrado.Xunto ao catre están as botas de Van  Gogh, asomando baixo a manta como unha sinxela pregaria polos suicidas.O forense non chegou. de momento)


CHATTERTON THOMAS



Hai amarguras que madrugan

coma neve de outubro.
Eu, Thomas Chatterton,
escritor novo e favorecido polas musas,
púxenme fin a mi mesmo
a causa do infortunio duns versos.
Antes de me servir da madureza,
servinme un tóxico poderoso
e, dun grolo, nun día de desespero,
deixei todos eses anos sen vivir.

Ainda non cumprira os dezanove.

Certo, a miñavida está verde,
verde coma un trigo infantil e novicio,
aínda non pronto para os dentes da terra.
Mais se vos sorprende este meu apurarme a morrer,
lembrade isto:
ata  a vida mais exhausta
non dura o tempo dun respiro.

De: Lapidario

No hay comentarios:

Publicar un comentario