ÓLESME A DEUS
(moza)
Todo me ole a ti,
meu amor.
A miña roupa
óleme a ti.
O meu corazón
óleme a ti.
A miña vida
óleme a ti.
Todo me ole a ti,
meu amor.
E ti,
ti ólesme a Deus.
ATEO
Señor, meu Señor,
¿de onde me vén
esta chamada fonda
a ser ateo,
a librarme de ti
e facer de ateo?
¿De ti mesmo, Señor?
¿Onde pousarei
esta ansia confusa
de ser eu mesmo,
en libertade e alegría?
¿En ti mesmo, Señor?
¿A onde me levará
este empuxe
sospeitoso, desacougante?
¿A ti mesmo , Señor?
De: Chorimas
No hay comentarios:
Publicar un comentario