jueves, 6 de febrero de 2020

GÓMEZ LEDO, Avelino




Imagen: https://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/poesia/seculo_xx/longa_noite_de_pedra/escritores/continuadores/avelino-gomez-ledo.html


https://gl.wikipedia.org/wiki/Avelino_G%C3%B3mez_Ledo


                                  ALEIVOSÍA


Fillos de Breogán... fillo eu da terra
antre todas do mundo a máis belida
levo aberta na ialma unha ferida,
boca de sangre que os meus dores berra.

Hai feras máis doentes que as da serra
que escalazan a nai enrevellida,
e con afouto criminoso a vida
vanlla furtando en desleigada guerra.

Hora é xa de apupar contra a inxusticia,
xuntémonos os bos e xenerosos
baixo o lábaro santo de Galicia;

demos aixiña conta dos raibosos,
pra honradeza da terra e pra ledicia
dos que levamos o ideial nos ósos.


¡QUEN ME DERA!
I
Regato que te vas rindo,
regato que marmullando
vas entre ulidos de froles,
rebincando polo prado, 
posme cubiza ¡abofellas!
¡quén me dera ser regato!


II

A vida é torrenteira que se desploma
antre penedos feros dende moi alto,
cega, non mira o fondo,mais cando o mira
e voltarse pode, chea d ´espanto
perde a cabeza e caye
feita pedazos.

III

¡A vida non é a  y-auga, doce, homildosa,
com´a y-auga serea do teu regato!

.....

ROSA MÍSTEGA

Do xardín unha rosa acendida
branca pelra d´alfóxar gardaba,
que cayeu no seu cáliz tremando
coma doce bágoa.

¡Con qué amore de nai amantiña
no seu seyo o tesouro apretaba
y-en perfumes sutís da sustancia
mesma, a impregnaba!

I-ainda non a alborada surría
e o Febo as madeiras douradas
po-l-os agros tendíanse en trunfo,
a rosa rosada,
toda trémola, abrindo seus pétalos
car-o ceo seus arumes mandaba
que rubían facendo remuiños
com-unha pregárea.

De: Romanceiro compostelán




No hay comentarios:

Publicar un comentario