domingo, 9 de febrero de 2020

ALVARELLOS IGLESIAS , Enrique


Nado na Coruña viviu e finou na cidade de  Lugo.



ARROLÁNDOME

Miña aboa, pra durmirme,
cando eu era pequeniño,
enseñábame a dicir
catro veces sin respiro:
"Catro bois e catro vacas
tiran moito costa arriba;
non hai home nesta terra
que catro vecélo diga"
Eu ibo decindo todo
co moito soño que tiña,
e cando iba con tres veces,
case que sempre durmía.
Ela seguía co dito
"catro bois e catro vacas ..."
e nunca  se decataba
que eu durmido xa quedara.
Inda me lembro de todo
o que a aboa me cantaba
namentras eu non durmía
nunca cancións afinadas.

...

De: cen anacos : poesía satírico- picaresca

No hay comentarios:

Publicar un comentario