Nado en Lugo en 1860 foi xornalista e escritor.En 1892 emigra a Bos Aires onde dirixe O Eco de Galicia e funda en 1898 o Almanaque Gallego no que publica varios poemas en lingua galega.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Castro_L%C3%B3pez
ESTRANXEIRO
Eu puxen unha tenda no deserto,
por bandeira de pas ben coroada.
Non m' esquencía non, da soledade
que, fera, m' agardaba.
Pero tiña unha espranza acougadora :
chamados pol-a miña branca enseña,
oirían meas hirmáns á enseñorarse,
coma eu, d' aquela terra.
Estonce, traballando agarimados,
as feras fuxirían, e do estéreo
faríamos a imaxe do praíso
pra nos e os nosos netos.
¡ Non sey aíña coma gardo folgo!...
Do mundo lonxe e sen nengún arrimo,
¡ cantas veces os ventos m' azoutaron
e as bestas me feriron !
Mais trunfey no mellor: aquel deserto
cambéase nun pobo frolecente ;
e n' él a niña tenda, probe e murcha,
cen diante, s'escurece.
Cando, dende un corruncho, eu o contcmpro,
e vexoo erguerse e porgresar risoño,
antre prad'eiras, froles e arboredas,
parésceme un ensono.
No pois : que o mal da distraución eu tiven.
¿ Quén fay a doce mel ?¿ Quén nos da a seda?
A valía dos honres n'é milagre;
milagre é Natureza.
Pero os vichos, cativos, non adiantan:
e, no enxenio, n' aución e na cobiza,
e home ten a virtude feitizeira
de mellorar a vida.
¡ Benia os meos primeiriños compañeiros !
¡ Probes !.... Eles caíron pouco á pouco,
sen descobrir sorrisas no seu Fado,
nin recoller o froito.
Por eles conto centos viciños,
e non me mete a Natureza medo;
mais non hacho pra min senón esquencia,
e síntome estranxeiro.
De: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_em_pub1148_AlmanaqueGallego_1914.pdf, pág 38
No hay comentarios:
Publicar un comentario