https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Xos%C3%A9_Lamas
CATRO PALABRAS CALADAS
Unha noite de lúa chea,
dous sorrisos
entre centos de olladas,
tres suspiros.
Catro palabras caladas
entre milleiros de sons;
cinco notas agachadas
nos latidos da paixón.
Seis berros, sete tormentos,
oito bágoas e nove intres de dor;
dez arelas, once soños
e unha ducia de lembranzas
reventando de arredor,
alimentando esperanzas...
...Vintecinco primaveras
agardando o teu amor eternamente,
Día a día e hora a hora
gardareino no meu peito...Para sempre.
De: Catro palabras caladas
No hay comentarios:
Publicar un comentario