miércoles, 28 de octubre de 2015

COSTA CLAVELL, Xavier




OS ANOS DO VOUGO 

VII

           Pra Méndez Ferrín

Eu non sei que foi daquil tempo.
Era un tempo noxento e belido.
Polo ceo camiñaban os anxos
e na terra rebrincaba o meu sangue.
Foi entón cando os homes encheron os ámbitos
de odio , e de raiba, de medo e de morte.

Era un tempo noxento e belido.
Foi entón: naquil tempo.
Foi entón: os paxaros morreron na xaula
e aos meniños craváronlle o ferro na gorxa.

Eu non sei que foi daquil tempo.
Era un tempo noxento e belido.
O mar convertíuse en refuxio de homes tristeiros
e a terra alcendéuse e a iauga dos ríos tinguíuse de roxo.

Eu non sei que foi daquil tempo.
Era un tempo noxento e belido.
Era o tempo das louras ideas.
Era o tempo das mouras olladas.

Eu non sei que foi daquil tempo.

PESCUDA

Seguirei a pescudar
nesta carne que é a túa carne.
E quezáis algún día
poidas ti chegar a dirixir
o sangue diste meu dedo tan canso.

NÉBOA

Teño néboa na ialma e nas mans.
Unha néboa que doe,
que aguilloa,
que manca,
que fede...
Unha néboa que se enche de min
e me esfola.
Unha néboa teimosa,
ruin,
gragallante...
Teño néboa na ialma e nas mans

De: Os anos do vougo e outros poemas

No hay comentarios:

Publicar un comentario