TÓDOLOS días a luz roza
as follas das árbores
e as ponlas ondean coa brisa
os rumores turban
o silencio
e xurden as cores e a alegría
tódolos días o serán
declina lentamente
e o brillo serodio da paisaxe
anuncia o aire da noite
e medra a escuridade.
SE sintes a distancia e a débil silueta do outono
e a dilatada presencia do crepúsculo
é coma un cálido
soño cheo de mornas sensacións
ou si adiviñas nas ruínas taciturnas
da luz unha promesa de calma e de soidade
sentirás que a asolagada plenitude doutros días
é xa o único camiño transitable.
De: A alba e o crepúsculo
O outono é un soño morno feito realidade cada vez que me poño a darlle patadas ás follas e escoitar como me aloumiñan, pra logo estalar. Que ledicia!
ResponderEliminarTi veña a darlle patadas ás follas :)
ResponderEliminarEu intento en vano prender nos ollos o momento en que o vento libera a folla da rama.
Saúdos