https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Dobao
MATERIA ABISAL
(Fragmento)
Véxote
e vés baixando pola saia da tarde
abrázoche nos dentes a vontade
dun pobo de casoupa e silveira.
Ó pasares
pos espellos de mel polos camiños
es clan da estirpe da tribo derrotada.
Por veces
abéirome da noite e non durmo
escúlpesme na espiña
morada para as nosas xentes.
Eu vivo
non é pouco
no esplendor dunha fraga que che nace no van.
Véxote
e vés como guzpeculiña
a apañar os contornos do abismo
coa memoria dos meus que me evoca o teu corpo.
.....
De: Materia
No hay comentarios:
Publicar un comentario