jueves, 2 de junio de 2022

PÉREZ , ABRAHAM

Nado en Lugo (1990) é graduado e mestrado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudos de guionista e colaborou en publicacións como Grial ,Xistral, Dorna..



https://gl.wikipedia.org/wiki/Abraham_P%C3%A9rez


ENGANO

SEN darnos conta,
mentres creciamos
alimentabámonos
de algo fundamental:
                                             medula.

Seguiamos: unha e outra vez
as marcas que nos sinalaban
aí, alí, camiños concretos
que parecían sospeitar o noso 
                                                  futuro.

Colliamos forza en cada golpe
fractura do pómulo esquerdo
do fémur e do cúbito dereito
unicamente atopamos a ilusión 
                                                               dun vestixio.


De: Fragmento/ cebra

sábado, 4 de diciembre de 2021

PAZ MONTENEGRO , Conchita



Nada en Vilalba , profesora  do CEIP acaba a súa etapa docente  no IES Anxel Fole de Lugo como profesora de  Lingua Galega.Forma parte do grupo de poetas e artistas plásticos Roteiro das Artes. Ten editados os poemarios: Latexos (2006), Cuncheiro (2016), Convulsións (2018), Camaleón (2019), Año MMXX . Año MMXX (2021).



ALECRÍN

Quizais son a flor do TOXO
Arrodeada de espiñas.
Teño os pétalos de cera,
Consistente ao tacto, forte,
pero ao mesmo tempo branda
Que se pode derreter
Coa leve brisa do amor,
Con furacán de paixón,
Con pena allea tamén.

..............................

Miña coraza, as espiñas.
Grazas a elas eu vivo
No meu Edén dos Ensoños
Protexida, protexida..
Se alguén me arrinca unha espiña
O lume fíreme ardente
E adoezo coa dor.

.......................

Pobre flor!


De: Convulsións

miércoles, 1 de diciembre de 2021

ROZADILLAS VALVERDE, Ramón

 

Nace en Madrid (1958)  donde estudia ingeniería técnica forestal  y reside en Meira  donde ejerce como  funcionario de la Xunta de Galicia. En 2020 publica su poemario:A pesar de todo.




A PESAR DE TODO

A pesar de todo,

ayer en mi jardín

floreció una rosa roja.

A pesar de todo,

el sol pudo vencer 

y amaneció.

A pesar de todo,

los mares y galaxias 

no revelan sus secretos.

Todo sigue funcionando,

hoy también,

aunque...vayamos 

al veloz ritmo del

¡a pesar de todo!

De: A pesar de todo


lunes, 1 de noviembre de 2021

GRAÑA VILLAR, Bernardino

Nado en Cangas (1932) exerceu de profesor no colexio de Fingoi de Lugo e foi  catedrático de lingua e literatura en  Sarria .



                                         

QUINTANA DOS VIVOS.ESCOLMA


Ó poeta Méndez Ferrín, irmán de soños celtas

AH, poeta peregrino entre os fumazos,
entre as torres, entre os ruídos do inimigo,
vinte un día coma un pobre
verrón bravo enguedellado
entre arteiros finos fíos coloridos
de novelos enliadores e malvados
colocados baixo o monte dos cabalos,
baixo as lindes do teu reino
para terte prisioneiro, secuestrado.

Ah, o rebumbio que te cerca, que te abafa,
mar revolto de cen ventos encontrados,
de galernas, de trulladas, de neboeiros
de encubertas aguacións e traidorías,
de odio, envexa, e rancor disimulado.
Vas de barco bambeándote, naufragas,
vas cruzando lentamente as longas noites
dun invemo interminable, duro, ingrato.

Ah, os espellos, as farolas, os enfeites
destas rúas, destas salas, canto engano.
Tantas festas, fastos, feiras, tanto entroido
e despois, en canto saes, nun calello,
ou se acaso nunha tasca de mal viño,
nun recuncho húmido, cotra, miserable,
xa te prenden, xa te enlían cos seus rabos
gatos negros, ruíns escouras, refugallos,
medios seres que te lamben e que agardan
o preciso intre de darche o navallazo.

Ah ese engado consumeiro, todo teatro,
de patrañas e aparellos e aparencias,
soño vil e tentación, demo nefando
que nos deixa nas raíces sen a seiva,
sen o vínculo co pobo, tencionando
enturbar os nosos vieiros cara adiante,
cara atrás gloriosos marcos do pasado.

Ven e sube, busca os cumios onde aínda
vibra ó vento en rebeldía a carpazona,
onde medran espiñeiros, uces, toxos
que enguedellan con mil fentos e carrascos.
Ven e berra desde o teu nobre cabalo.

Retoma a voz potente, non confusa,
amigo limpo e fiel, ferro invencible,
campá de son preclaro.

Volve ós cons do castro esgrevio e, desde arriba,
no teu sitio, contra os ventos, posto en alto,
continúa a ser o forte, o deslumbrante
faro e luz que pola noite sabe guiarnos.

Ti volve, Perceval, pola congostra,
pola Verea Vella, ó derradeiro
reducto de occidente, ós nosos ermos
de albergues onde triscan os teixugos,
antiga patria arnal dos cochos bravos,
e ven sempre de bruxo, druída e bardo.


                                                 De:  Luz de Novembro


martes, 26 de octubre de 2021

CALDEIRO DÍAZ, Eloi

 

Nado en Sarria (1955) é músico,  poeta e escritor. Estudou na Escola Universitaria de EXB en Lugo .Desde novo comenzou a escribir os seus primeiros versos



Sería suficiente ter tremado

longos días do inverno

no fragor dos teus ollos

para saber da sorte.

Camiñar nos carreiros de ningures,

sen acougar unha vegada,

sabendo que serías aló

agardando-me na beiramorte.


De: Anacos de silencio




jueves, 14 de octubre de 2021

PERNAS NIETO, Daniel

 

Nado en  Abadín (1884)  estudou no seminario de Mondoñedo e exerceu de párroco de Baroncelle.Publicou un libro: Fala d´as Musas .

https://gl.wikipedia.org/wiki/Daniel_Pernas_Nieto



AFIRMACIÓN 


N-o teu colo, ruliña mimosa,
 tí que pasas bicándome a testa, 
n-o teu colo quixera morrer,
 ouh musa gallega.
 
Non cobizo d’as grorias a palma
 nin adoito subir para véla,
 si escabardo pra lonxe, Galicia,
 teu nome m’alenta. 

Anque os tempos trocándose van, 
anque os campos sin brazos se vexan,
 n-o peito gardarán os teus fillos
 lembranzas d’o Celta.

 Dos caciques malditos que sorben,
 –esfamiados– o sangue das venas,
 xa borralla farán os labregos
 que sofren e penan. 

Os encantos d’a nov’alborada 
que remansa camiño d’aldea...
 laparada que xurde n-os eidos,
 Galicia, desperta.

A VELLIÑA 

Enriba d’a probiña van caindo
 as folerpas d’a neve mainamente,
 ela peta co’a moca n-os puxigos;
 i-o gonzo ferruxente 
as portas quedas ó seu paso deixa,
 e soilo un can que a sente
 de ves en cando lle responde á probe
, somellando decir queixosamente,
 que a millor d’as virtudes mal s’atopa,
 que d’a noite o relente
 i-a mesma neve lle farán un leit
o negado pol-a xente.

.Eu cando penso n-a vida
 que levan sobre d’a terra
 os que a Dios decraran guerra,
 sinto a miña i-alma frida.

 Corazón onde n-anida
 a Fé, ¿qu’esperades d’él?
 Dichos’o peisano fiel 
que mora n-as irtas lombas,
 sin procatarse d’as bombas
 que fan d’o mundo un Babel.

De: Fala d´as Musas