lunes, 27 de febrero de 2017

ALMOINA CABALLERO, José




Nado en Viveiro no 1851,  licenciase  en dereito en Valladolid   onde exerce de avogado e xornalista. Escribe prosa e  poesía, tamén teatro como os dramas en verso :"Sobre el pudor del deber" y "Juez en causa propia". Morre no 1896 en Valladolid.


IV

Las aves cantan himnos de armonía
del jardín en el centro,
y dice Irene: -fuera ¡que alegría!
¡Dios mío! ¿Quién diría
que el alma lleva tantas sombras dentro?

¿Qué me importan del alba los cendales
hechos de espuma remojada en oro;
ni esas rítmicas notas ideales
que lanza, enamorando a los rosales,
de la caterva trinadora el coro?

Por qué al sensible corazón no hechiza
ni la voz de rugiente catarata
ni el río que mi huerto fertiliza
y que cual sierpe de bruñida plata
por un cauce de flores se desliza?

¡Virgen Santa!...¿lo ves?...es que me aflijo
cerca viendo la muerte y su misterio..
¡Te lo imploro ante le Dios del Crucifijo!..
¡No me arrebates, por piedad, el hijo!..
¡No me trueques el mundo en cementerio!..

Y la madre infeliz con ansia loca
se alza de pronto, cual flecha herida..
al niño un respirar tardo sofoca,
y da calor con besos de su boca
a aquel ser que es la vida de su vida.

De pronto se oye un grito y aterrada
Irene el corazón se oprime fuerte..
besa a su hijo..quiere hablar …y helada,
al tropezar sus labios con la muerte,
sin vida cae también sobre la almohada.
........................................................
.......................................................
.......................................................
........................................................
........................................................
Y ocultos de la aurora con el velo,
y en pliegues de una nube reclinados,
Irene y el rubito pequeñuelo,
penetran en el cielo
por un hilo de besos engarzados

Fragmento final de "El beso de una madre"

http://bibliotecadigital.jcyl.es/es/consulta/registro.cmd?id=2434

jueves, 16 de febrero de 2017

RODRÍGUEZ OXEA, Sabela





Nace en Monforte de Lemos no 1958.Licenciada en Historia de Galicia, exerce  como profesora de Lingua e Literatura Galega no Instituto Xoán Montes de Lugo, cidade na que reside ata o seu pasamento.No 2005 publica o libro de poemas Versos do silencio roto.

NEUROSE

Miradas expectantes
Agardan de min
Unha vida que non hai.
O disfraz de comedianta
Tensa os meus nervios
Arelando a penumbra
Móvome coma boneca
Para enganar aos vivos,
Evaporada a miña mente
Sempre noutra parte.


NO SANATORIO

Eu collía malvas para que o meu fillo pensase
Que mamá estaba nun xardín tan grande
Que percorrelo levaba días.
No longo corredor
Cruzaba coas miradas
Perdidas dos enfermos.
¿Que fas ahí princesiña?
Un alto no camiño
Unha fonda bocanada de ar
Que me dera forza
Para voltar á dureza
Da vida dos cordos
Aí fora.

INTENCIÓN

Sen nengunha veleidade
De transcender o Olimpo
Expulso sentimentos margaridas
Para ceibar ao ar
As palabras que me afogan
E ficar así sen roupa
Que cubra o esquelete
Onde reside a única
E auténtica beleza.

 De: Versos do silencio roto


sábado, 11 de febrero de 2017

CALVO VIDAL, José Luis





Nado no 1973 en Oviedo, estuda Filoloxía Hispánica na cidade de  Lugo, onde creou e dirixiu a Revista Cultural do Campus,   Evohé .


PAXAROS /DENDE O MONTE SEGADE

                                                                1.
Galopan os paxaros a ollada.
O bruído das súas ás feren
o silencio do bosque.Están preto
da escuridade e mergullan os seus corpos
en invisíbeis ríos aéreos.
Co seu maxentoso canto
alónganse sen cesar.
                                                               2.
Sobre as vizosas fragas do soño
aínda escoito o seu canto.


NOITE- Oº

                                                                            Para María José, por suposto
Esta noite 
o frío porá
música nos nosos dentes.

Fará falla lume:
leña do teu corpo
                          ludida ao meu



LUGO DORME

Ante os meus pasos
Lugo dorme.

(A néboa
xa prolongou o seu velo
máis alá
do lique de pedra.)

No confín da noite
non podo resistir
a perfección do seu silencio.


De: Definitivo territorio

jueves, 2 de febrero de 2017

FERNÁNDEZ DE LA VEGA PASARÍN, Higinio


Todo n-o mundo en qu'estamos
'o cabo perd'a importanza.

Desmorónans'os castelos,
véñens'á terr'as murallas,
e pobos antes con xente
de repente com'as pámpas
d'aló d'Asia, ou os desertos
d'esterel y ardente Africa,
veñen ó fin á quedar
humilland'a sua arrogancia;
mais ¿á qué ven, me dirán,
á qué ven tanta palabra?
Pois moi xinxelo, á dicir
q'as festas tamen s'acaban.


'O barullo atroador

d'a xente, ô rosmar d'a gaita

ô estouro d'as bombas riales
que se queimaron n-a Praza,
ô fin, dempois d'unhos dias,
á soceder veu a calma,
e todo volve a poñerse
en órde n-as nosas casas,
sen mais secoencia si acaso
qu'a indixestión agarrada
comendo pulpo, cal solen
n-esta festa, á caldeiradas.

Unha revista d'as festas
eu ben quixer amañala,
mais non me deu tanto xeito,
non me deu Dios tanta gracia;
así, pois, nosos leutores
esta lerán, boa ou mala.

D'os fogos nad'hei dicir
porqu'o que non foi â Praza,
ben sintiria, abofellas.
os estonros dend'a casa
—e siguindo este sistema,
algún dirá, sin tardanza,
unha revista de festás
amañar logo s'amaña.

Músicas tivemos dúas:
a d'o pobo y a chegada
da Cruña e que dirixia
o ilustre maestro Braña.
Pr'o qu'a min mais me gustou,
o que me fixo mais gracia,
o que me puxo mais alegre,
mais confento qu'unhas páscoas,
foi aquel par de gaiteiros
traguidos de Ribadavia, 
que probaron qu'o estromento,
qu'iñorante algún aldraxa,
o mesmo entóa muiñeiras,
a-la lás e riveiranas,
que pode facer ouvir
anacos d'ópera e danzas.
Moi ben pol-a Comisión
qu'acordou traguel-as gaitas,
e moi ben pol-os gaiteiros
d'a vila de Ribadavia.

A feira, según se dice
de púbrico, non foi mala,
por mais qu'a xente que había
era bofellas escasa;
non faltaron, por suposto
o día últemo as maulas, 

e pr'elas houbo tamen
n-a feira saída larga,
que nuca falta m-o mundo
quen cargue con certas gangas.

Seguindo sempr'o Casino
as tradicionás usanzas,
a un baile o lus invitou
ôs rapaces e rapazas;
mais según certas noticias
que teño por moi esautas,
escusar ben escusaron
de dar refrescos ás damas,
pois de tan fresco qu'estivo,
n-o salón todos lembraban.
Un filósofo prefundo
a razón xinxela e crara
d'a ausenza que xa fai tempo
notas'alí d'as rapazas
dab'á cérto pisaverde
paseándose n-a muralla,
y-era que, por non comer
pavo moitas receaban
persentárense n-o baile,
y-a eso eu digo: malhaia,
¿por qué s'esquecen de min
s'hai pavo en tal abundancia?
porque, s'hei dicir verdá
ese prato ¡Dios me valla!
é dos que mais lle me gustan,
Siñores da Xunta... e basta,
que pra entender, s'eles queren,
a prosa xa vai ben larga.

Dend'este sitio hei de dar
as mais espresivas grácias
á masa coral que Veiga
dirixe que serenata
veu dar á esta Redaución
que ll'o agradece n-a y-alma.
Estes artistas laureados
mozos todos antuseastas,
que pouco fai en París
ganaron unha medalla,
merecen ben d'este chán
merecen ben d'a sua patrea,
pol-a groria d'a que loitan
e pr'â que loureiros ganan.

Antes d'acabar aquí
sex'a últema palabra
pr'o certame, qu'anque foi
a concurrencia algo escasa
pra sel-o primeiro, tivo
exceucional emportanza.
De cén cousas mais poidera
falar, mais por hoxe basta. 



Pepe d'as Festas 


Publicado originalmente en el número 3 de A Monteira. Somanario de intreses rexionales e literatura (12/10/1889).

domingo, 15 de enero de 2017

DÍAZ JÁCOME, Xosé









CANTIGA DO INVERNO

Xa chegóu o inverno.Ven da man do Outono,
coma un neno orfo que fai tolerías.
A paisaxe deulle a esmola dun sono.


-Pólo San Mariño,
ouro no camiño.

Xa é mozo agora.Doe o seu alento.
Alá vai, envolto na capa de néboa,
pola noite adiante, no corcel do vento


-Por Santo Tomé
a neve no pé.

Xa se fixo home.Tempo do Nadal.
oa anxos teceron un manto de neve
para que o mensaxeiro o leve ó Portal.


-Póla Noiteboa,
a lúa non voa.

Xa chegóu a vello.Leva na monteira
froliñas d echoiva i estrelas xeadas.
Xa morreu o Inverno diante a Primaveira.


-Pólo San Xosé,
todo ledo é.

LUGO NO SAN FROILÁN

Xa chegóu o San Froilán
co regalo das castañas.
Trai ás Sanlucas da man.
-Ai amor ,que ben me dañas!

Canta a lúa no muiño,
i a cibdá estase ollando
no craro espello do Miño
-Ai amor, que ves cantando!

Cobrindo a súa sorrisa
co bretemoso martelo,
hoxe madrugou prá misa,
-Ai amor, que loiro pelo!

Mais o sol que quere vela,
con un festeiro aloumiño
descobreu o rostro dela.
-Ai amor, tenzón de niño!

Galana a escoller galán,
co seu dengue de murallas,
vina, saudosa, á serán.
-Ai amor, qué gozo espallas!.

¡Que ben loce a romería
nas vellas rúas! ¡Que ben
chufa o seu traxe a campía!
-Ai amor, coita tamén!

Todos, cun ledo agasallo,
colman a xentil luguesa,
que ten nos ollos orballo.
-Ai amor, canto me pesa!

Hasta eu ,homildosiño,
lle levo unha regalía:
iste soño pequeniño.
-Ai amor, malenconía!


De : Pombal

HISTORIA DUNHA SOMBRA INFELIZ

¿A sombra é a mais lonxana
carne das cousas?
-A.Cunqueiro-


Aquela sombra, sempre deitadiña na mesma beira do río,
era diferente das mais sombras. E naide o sabía.
Unha romántica bidueira motivaba a súa vida ignorada.
Era unha sombre vella e sempre recente,
cunha tristura de margarida desfollada
e un corpo de bris sen recendo, ou de orballo sen nacer aínda.
Nunca deixara de ser inocente e sumisa.

Tiña a madurar unha íntima pureza nova
na súa grave exactitude silandeira.
Tremaba ao escoitar as campás de Mondoñedo.
A hora clave de súa ledicia mellor
era aquela en que a Lúa saía a escoitar a serenata dos sapos
e ollaba no espello do río o latexo das estrelas.
Entón tiña de festa o seu vivir insólito
e cantáballe na alma un egoismo saudoso de tan feliz?

Un día calquera
chegaron uns homes que semellaban guerreiros antergos
e mataron á abidueira para facer zocas.
Non se decataron que tamén asasinaban á sombra dela,
miña irmá de anceios sen remate.
Morreu sen queixarse a probiña, morreu docemente
ao sentir que a súa carne -lonxana carne de cousa concreta
xa non podía ter ningún estremecemento sentimental...

 De: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/poesia/seculo_xx/longa_noite_de_pedra/escritores/continuadores/xose-diaz-jacome.html

martes, 27 de diciembre de 2016

MARTÍNEZ ANDRADE, Roberto

Resultado de imagen de roberto martínez andrade,


       http://www.poesiagalega.org/uploads/media/dopico_lopez_2011_martinez_andrade.pdf 


PRELUDIO


Ista é unha pequena historia de amor e de noites.
A noite acolle agora o seu  doado contrapunto có amor

A amada semella a sombra, o aroma de fror
na aquella páxina do libro que xamáis remataremos.

Máis a súa lembranza-era amor,si-inda move
o enganoso pensar craro i o sentimento oscuro

do cor,onde un perde un camiño que xa non é certo
Pra que anticipat a final que sempre volta ó comenzo?

Istes versos poden ser tristes.Ás veces parecen ledos.
Máis a súa verdade está está detrás de todas as cousas.

ORTO E OCASO

Orto e ocaso, 
mentiras,
onde o home non vive,
-non hai ataxo pras rectas-.

Antípodas de nós,
a lúa sae
cando morremos.

Os cás pasan ó noso lado
como si tal cousa.

 De: Dopico, Montse, e Antón R. López  (2011). “Roberto Martínez Andrade”. Galicia Hoxe. “Revista das Letras”: 862 (28 de abril).