jueves, 22 de marzo de 2012

CUNQUEIRO MORA , Álvaro

 


                                                                 


                                                                                                
https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81lvaro_Cunqueiro

DÍXENLLE Á RULA

 

Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentóu:
-Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

 

(De: Herba de aquí ou acolá)

 

NO NIÑO NOVO DO VENTO

 

No niño novo do vento

hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

  


POLOS TEUS OLLOS QUEN PASOU, AMIGA

 

Polos teus ollos quen pasóu, amiga,

deixóu unha ollada de amore perdida.

Nos ollos teus.

 Deixóu de amore perdida unha ollada

polos teus ollos quen pasóu, amada.

Nos ollos teus.

 Cinza levás nos ollos, amiga,

       daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

 Borrallo nos ollos levás, amada,

 que non miraches a quen te ollaba.

Nos ollos teus.

  

De: Cántiga nova que se chama riveira