jueves, 14 de octubre de 2021

PERNAS NIETO, Daniel

 

Nado en  Abadín (1884)  estudou no seminario de Mondoñedo e exerceu de párroco de Baroncelle.Publicou un libro: Fala d´as Musas .

https://gl.wikipedia.org/wiki/Daniel_Pernas_Nieto



AFIRMACIÓN 


N-o teu colo, ruliña mimosa,
 tí que pasas bicándome a testa, 
n-o teu colo quixera morrer,
 ouh musa gallega.
 
Non cobizo d’as grorias a palma
 nin adoito subir para véla,
 si escabardo pra lonxe, Galicia,
 teu nome m’alenta. 

Anque os tempos trocándose van, 
anque os campos sin brazos se vexan,
 n-o peito gardarán os teus fillos
 lembranzas d’o Celta.

 Dos caciques malditos que sorben,
 –esfamiados– o sangue das venas,
 xa borralla farán os labregos
 que sofren e penan. 

Os encantos d’a nov’alborada 
que remansa camiño d’aldea...
 laparada que xurde n-os eidos,
 Galicia, desperta.

A VELLIÑA 

Enriba d’a probiña van caindo
 as folerpas d’a neve mainamente,
 ela peta co’a moca n-os puxigos;
 i-o gonzo ferruxente 
as portas quedas ó seu paso deixa,
 e soilo un can que a sente
 de ves en cando lle responde á probe
, somellando decir queixosamente,
 que a millor d’as virtudes mal s’atopa,
 que d’a noite o relente
 i-a mesma neve lle farán un leit
o negado pol-a xente.

.Eu cando penso n-a vida
 que levan sobre d’a terra
 os que a Dios decraran guerra,
 sinto a miña i-alma frida.

 Corazón onde n-anida
 a Fé, ¿qu’esperades d’él?
 Dichos’o peisano fiel 
que mora n-as irtas lombas,
 sin procatarse d’as bombas
 que fan d’o mundo un Babel.

De: Fala d´as Musas