domingo, 10 de diciembre de 2023

VÁZQUEZ FERNÁNDEZ , Lois

 



Nado en Chavagas-Monforte (1.938) , estuda Teoloxía na Universidade de Salamanca e Lingua e Literatura Hispánica na Universidade  Complutense . É autor de numerosos articulos de investigación destacando os estudos sobre o dramaturgo e poetaTirso de Molina . Tamén publicou numerosos libros de poesía en galego e castelán 


CANTANDO POR NON CHORAR

Vanse, vanse, vanse,
vanse...por doceas
os mozos de Ourense
ás mágoas alleas.

Vanse sen traballo
vanse a mañanciña.
Vanse polo orballlo
vanse coa anduriña.

Caladiñamente
vanse para o estranxeiro.
Ista nosa xente
vese sin diñeiro....

Vanse de Galicia
coa luz velaíña.
¡Na fel da inxustiza
morreu a morriña!


De: Da terra lostregada