miércoles, 25 de octubre de 2017

CANDO RANCAÑO , X. Antón

Nado no 1969 en  Candin, (O Cádavo). Nos anos 20 crea a empresa IMER , adicada o ensino .Mais tarde, no  1.999 funda e edita o xornal "A muralla",  .Tamén  foi o fundador do plan ecolóxico Hortas solidarias e cofundador do Pro Quercus Ärbore Viva, adicado o apadriñamento de autóctonas de interese.
Autor de libros  de poesía como:  Sombras amargas e ondas de luz e ouro , O son da terra  ou O Riterrite



EMBALADA VAI A BALA

Embalada vai a bala
endemoñada vai a bala,
se a bala pensara
se a bala falara
a bala diríanos,
non quero morrrer matando,
cando a bala mata,
quen mata, rise,
quen mata, non chora,
quen mata, páganlle,
quen mata, é un mandado,
quen manda, está sentado,
matan os que están sentados,
que mandan os soldados,
mandar a bala que mata.
¡Qué doado é mandar,
qué doado é matar ,
matar mata calquera
o difícil é non matar!

CINCO DEDIÑOS TEN UNHA MAN

Cinco dediños 
ten unha man,
cinco dediños,
e todos irmaus.
Un pequeniño 
pra coller leitiño,
un medianiño
pra coller touciño,
un moi grandón
pra coller roscón,
un pequeneiro
pra coller cordeiro,
e un gordanchán 
pra coller pan.
Cinco dediños
ten unha man,
cinco dediños 
e todos irmáns.
Cinco dediños 
para agarrar,
que sen estar xuntos
non poden termar.