domingo, 19 de junio de 2022

BALSA RÁBADE, Mari Luz

 Nada en Seixas -Cospeito (1982)  é licenciada en dereito pola USC ,  exerce como funcionaria da Administración Local.

Amor de nai é a súa primeira obra poética na que comparte os sentimentos causados pola enfermidade  e pasamento da súa nai.







SOIDADE


Soidade,

dende que ti non estás

invádeme a soidade,

os días son longos e escuros,

as noites frías;

coa túa partida 

quedou un profundo baleiro na miña vida.


Soidade,

soidade pola túa ausencia,

triste soidade.


De: Amor de nai