martes, 24 de noviembre de 2015

CORTIÑA TOURAL, Teolindo


https://gl.wikipedia.org/wiki/Teolindo_Corti%C3%B1a

OS D´ AMERICA

       Entre as grosas paredes da torre,
baixo´s teitos da vella casona,
paroléi c´os fidalgos de Iberia
e co´a Pátrea, co´a nosa matrona.
      Aló fomos-me din- .Con nos foi…
foi o xenio, foi arte foi cencia...
D´as virtudes da raza levamos
unha sana e mui boa herdencia.
      E deixamos n´America leises
e costumes, co´a nosa faliña,
e deixamos o sangue correndo
co´s latexos do peito e d´almiña.
      E por eso d´España vos mando
meu saludo, n´a festa da Raza:
sai do peito d´un nobre poeta
que vos quere, vos ama e abraza.
      Afé miña que a veces lles digo
os gorgolos do Ulla e do mar:
Cand´ o Prata cheguedes ,marmullos,
xa veréi si sabedes cantar.....




BOA E GRAN RECETA

Iste meu libriño  (1) vai
pra Botica da Barrela,
sin saber si entre os cacharros
un oficio desempeña,
anque creo que algo hai
ó pedil´o doñ ´Aurelia
   Pois, amiga Boticaria,
o folleto algo encerra.
Afé miña que recende
ben millor que algunhas herbas,
cal romeu ou o fiollo,
cal a ruda ou a menta.
Afé miñaque fai curas,
pr´algo son curas de Penas
(anque son penas de muitos,
según contan  n´outras tendas),
d´esas curas e remedios
que se atopan  n´os poetas.
-----
Queira Dios, miña´amiguiña,
cand´o libro todo leas, 
que o gardes ben gardadiño
como boa e gran receta.
---------
(1) "Recordando tempos con mor de outros tempos"

De: Sopeixos