viernes, 6 de mayo de 2016

NOVO , Isidro





DÍA DE BRÉTEMA

Aquél día debería ser domingo
pero a brétema non lle deixou nacer

O automóbil ciscouno na calzada
deixándolle os ollos abertos
contemplando o cinismo do ceo

O sangue evadíase covarde
cara ao sumidoiro
e a dentamia postiza
sorría exiliada na beirarrúa

Pateaban os miróns
queixándose do frío
e da tardanza da autoridade
e da ambulancia

Pero un esperanzou aos demais
dicíndolles que o home do tempo
derá para mañá
día despexado
e subida das temperaturas.

SINOPSE

Cada mañá asómase ao espello
corrixe o alento
amósase novo
limpa o onte que empaza a súa imaxe
e bótase ás rúas da vida
co interior desarroupado

Pero unha sombra fría
coma sudario maldito
agarda sempre por tódolos naceres seus
esganándolle as arelas coa súa negrume visguenta.


 De: Esteiro de noites falecidas