jueves, 30 de julio de 2015

BLANCO GARCÍA, Carmen








CRIATURAS DE LILITH

Queridas criaturas de Lilith
Lilith amada da liberdade
Aire e noite do mundo
Lil Lili Lilu
Lail Laila Lamia
Con vós estamos no Mar Vermello
sabias e sabios
serpes e esquíos

PENÉLOPE

Pensa en que pensa Penélope Pensadora
e tensa o tear como o navío
Vai abandonar a casa de altos teitos
e a patria terra Ítaca
para realizar unha longa viaxe
 con Ulises
Quere coñecer o mar e a terra
sen outro teito que o ceo
como coñece a casa
e Ítaca
Prosegue na súa incansable teima
de vivir

A DO FALO NA BOCA

O círculo do caos crea o cosmos
O ovo universo
Uroboros
A serpe que morde a cola
A circunferencia do principio
sen principio nin fin
O círculo concéntrico
ininterrompido
O 69
A do falo na boca
O da Boca na Vulva
Eros cósmico




De: Un mundo de mulleres