domingo, 12 de septiembre de 2021

CASTRO LÓPEZ, Manuel

Nado en Lugo en 1860  foi xornalista e escritor.En 1892 emigra a Bos Aires onde dirixe O Eco de Galicia  e funda en 1898 o  Almanaque Gallego no que  publica varios  poemas en lingua galega.


https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Castro_L%C3%B3pez


ESTRANXEIRO

Eu puxen unha tenda no deserto,

por bandeira de pas ben coroada.

Non m' esquencía non, da soledade

que, fera, m' agardaba.

Pero tiña unha espranza acougadora :

chamados pol-a miña branca enseña,

oirían meas hirmáns á enseñorarse,

coma eu, d' aquela terra.

Estonce, traballando agarimados,

as feras fuxirían, e do estéreo

faríamos a imaxe do praíso

pra nos e os nosos netos.

¡ Non sey aíña coma gardo folgo!...

Do mundo lonxe e sen nengún arrimo,

¡ cantas veces os ventos m' azoutaron

e as bestas me feriron !

Mais trunfey no mellor: aquel deserto

cambéase nun pobo frolecente ;

e n' él a niña tenda, probe e murcha,

cen diante, s'escurece.

Cando, dende un corruncho, eu o contcmpro,

e vexoo erguerse e porgresar risoño,

antre prad'eiras, froles e arboredas,

parésceme un ensono.

No pois : que o mal da distraución eu tiven.

¿ Quén fay a doce mel ?¿ Quén nos da a seda?

A valía dos honres n'é milagre;

milagre é Natureza.

Pero os vichos, cativos, non adiantan:

e, no enxenio, n' aución e na cobiza,

e home ten a virtude feitizeira

de mellorar a vida.

¡ Benia os meos primeiriños compañeiros !

¡ Probes !.... Eles caíron pouco á pouco,

sen descobrir sorrisas no seu Fado,

nin recoller o froito.

Por eles conto centos viciños,

e non me mete a Natureza medo;

mais non hacho pra min senón esquencia,

e síntome estranxeiro.


De: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_em_pub1148_AlmanaqueGallego_1914.pdf, pág 38