viernes, 14 de octubre de 2016

RODRÍGUEZ LÓPEZ , Xesús


I
ANOITECENDO 
(Fragmento)

Foi n-o mes de Samartiño.
Facía un frío que rabiaba.
Era unha tarde de vento
y estaba toda anublada
c´unas nubes tan espesas
que casqu´ â terra chegaban.
Viña o aire do Picato,
aire que sempre trai auga,
e no curuto do monte
estaba a nebra apousada,
coma mirando pr´a terra
donde ha de dar a batalla.
N-había pizca de sol,
facía media hora larga
e un que outro paxariño
carón do terreu voaba
buscando abrigo pr´a noite
entre os toxos e as carpazas,
porque âs pólas d´os carballos
e mais álbores de rama,
caéralles tod´a folla
ou si a tiñan xa secara
queimada do frío do inverno
qu´é frío que non deixa nada....


XVI

EN BUSCA D' ELA 
(Fragmento)

     —Moy bôs dias, amigos
 —Moy felices.
—¿Qué tal vos foi c' o sono n-esta noite?
—Dormimos como pedras, ¿e vosoutros?
—Pasámola n-un sono.
 —Conque estonces,
vamos abaixo á que nos den o almorzo.
—E á rematar o que falamos onte.
—Inda non vin á Rosa, van tras d' ela;
pero amiguiños, n-o tocante ô dote,
non hei de darlle d' a terceira parte
nin un ichavo mais d' o que lle toque.
—Tés palabra de rey; mais fai de conta
que non che pide a filla ningun probe,
e nada fas de mais anque lle deas
a xugada millor que tés n-a corte
encima d' a sua parte. Ben mirado
non pido moito, como tí conoces.
—Déixense d' esas contas: quero á Rosa...

De: Cousas das mulleres