martes, 14 de junio de 2022

FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, Alicia

 

Nada en Escairón (1987) é  licenciada en Filoloxía Galega pola USC . Os seus poemas foron publicados en revistas literarias como Xistral e Dorna , tamén en libros colectivos.

Obra poética: Botar o mar polos ollos (2005) , Mamá pelícano (2020)


https://gl.wikipedia.org/wiki/Alicia_Fern%C3%A1ndez_Rodr%C3%ADguez



Hoxe estás tan triste, pero tanto ,

que me dá por romperche a porcelana.

Media ducia de cuncas de café

a sopeira por estrear

e á túa bailarina favorita a perna esquerda,

a que a sostiña.

Os anacos da zapatilla póusollos no tutú.

 

Tantísimo, tan triste,

que tamén escacho a bandexa dos entremeses,

todos os floreiros que alcanzo

e aínda volvo onde  á bailarina.

 

Unicamente para que chores

para que teñas máis razóns.

 

 

De: Mamá Pelícano