sábado, 18 de marzo de 2017

IGLESIAS DOBARRIO, Baldomero (Mero)

Baldomero Iglesias Dobarrio (AELG)-2.jpg

https://gl.wikipedia.org/wiki/Mer


PASADOIROS

..Que outonos no son outonos,
son pasadoiros do tempo
nos que aboian as memorias
no máis completo silencio
antes que caigan as noites
das longas noites de inverno
que aínda conxelan espacios
diante os horizontes presos
e me cautivan de lonxe
nas follas que leva o vento
recolléndome saloucos, 
alentos e desalentos.
Outonos, non son outonos
son atallos dun portelo
onde un apaña forzas
para cavar outro rego.


DE ARRECENDO EN ARRECENDO

...Toda a Patria,
que é a infancia,
cabe nun só arrecendo.
Por iso cada cousa nova
é tamén filla do tempo
e queda presente no espello
retrovisor da memoria
que discorre seguro, 
de arrecendo en arrecendo
cara o incerto futuro
polos camiños do vento


De: Na lonxitude do tempo