domingo, 3 de julio de 2016

TRAPERO PARDO, Xosé






Cando era un rapás , andaba aos niños,
e con man incremente
sin pais deixaba aos probes paxariños,
qu´entras ponlas das arbores, soliños,
piaban tristemente.


Orfiños nos quedamos
cando eramos uns nenos, 
y-estrados pol-o mundo, inda choramos
o fogar que perdemos de pequenos...
¡Por eso, cal d´un crimen venme a mente
o recordo dos probes paxariños,
q´entr-as ponlas das arbores soliños
piaban tristemente!.


......

¿Decides que son tolo?...¡Será certo!
Así e todo ....¡deixádeme soñar!
pois pra o home que está sempre desperto,
a Vida é un deserto
qu´entre bágoas se ten que atravesar.

.....

!Ojos claros, serenos,
que de dulce mirar sois alabados!...
pra non vir nunca a menos,
precurade estar sempre ben lavados;
¡que as lagañas n-os ollos son os frenos
que traban a pasión dos namorados!

....
Volverán las oscuras golondrinas
de tu bacón los nidos a colgar....
e como son  as probes tan cochinas
¡han darche que limpar!


De: Lóstregos e moxenas