Brenda González Fernández, ( coñecida por Brenda Mondelo) nace no 1994 en Pedrafita do Cebreiro .Graduada en Xornalismo e Ciencia política, publica o seu primeiro libro de poemas, O espello de Celia , no ano 2022
Imagen: https://www.lugopoetica.org/
A CANDELA (Fragmento)
Recordas a maneira na que cantaba a cancela
do vento aquel verán?
como semellaba que dunha cereixeira ía nacer o abecedario
e nós buscabamos contar o tempo por areas
e con elas construír a materia do espello
calcado nesta palma que hoxe miro a contraluz
mentres xogo coas letras de azafrán esvaecidas así,
no abano da razón que só entende a suma dos días,
o lazo neboeiro dos defuntos e a orde da historia.
Lembras entón a escala sobre a que rubía
a cancela do vento ese verán?
Como eu pendía dos barrotes de metal;
no meu maxín era pintura traída da lúa
e sobre eles quería agarrar as liñas celestes
que conducían ao ceo a medio facer.......
De: O espello de Celia