jueves, 5 de diciembre de 2019

MORENO MARQUEZ, María Victoria


María Victoria Moreno (pop art).png

Nada en Cáceres , traballou como profesora de enseñanza secundaria no Instituto Masculino  de Lugo onde coñece a  Xesús  Alonso Montero e  comenza o seu amor polo idioma galego.



EN XERUNDIO XERUNDIANDO

Vou xerundiando con xerundios feos
en tanto que -indo e -endo andan rillando
no fígado la luz e, á vez, matando
as faiscas fugaces de mil ceos.

En torpe trote, sen paixón nin freos,
afundindo, e moendo, e alongando,
cae o verbo ó lameiro, só ficando
un ecoar envolto en sucios veos.

Coma serpe noxenta vai fuxindo
do espírito do tempo e da persoa
e irrompe o xerundiazo arremetendo

Plúmbeas curvas trazando e repetindo,
tersuras virxes de papel baldoa
a pluma que xerundia aterrecendo.

.....

O chío namorado 
do reiseñor
rachou a noite mesta
con fonda dor.

Cristal e lúa, 
pranto, estrelas, silencio,
frío e loucura.

De: Elexías de luz