viernes, 1 de julio de 2022

AIRADO BELLO, Luz

Nada en Román-Vilalba é licenciada en dereito pola USC. Acadou diversos premios en certames de poesía como o Xoan de Requeixo do Círculo Recreativo Cultural de Chantada,  o Rosalía de Castro de Cornellá-Barcelona ou o Díaz Jácome de Mondoñedo.Tamén colabora en  publicacións  :Manifesto 25N  , NPG GaZeta e  Xistral. O contido do seu poemario Instintos , ilustrado por Viki Rivadulla,  está vinculado  ás orixes,  á maternidade, e ao feminismo.

 

 

                                      Imaxe: https://axendacultural.aelg.gal/tag/luz-airado-bello/

 ESPIRAL

E hoxe bótolle un pulso ao instinto.

Fico queda.

Os ollos pechos.

Tratando de conter un desbordamento

que se anuncia en cascada.

Os ollos pechos!

Toda escuridade na que reprimirme

 é pouca.


Sei que ao primeiro fulgor que me atravese as pálpebras

revolvereime cara ti

nunha espiral de forza centrípeta

sen posibilidade de volta.


De: Instintos