martes, 20 de mayo de 2014

DÍAZ CASTRO, José María




Tralas pegagas de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas



Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza feríume para sempre...





NIMBOS

Se é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,

das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se van xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na miña vida en lume se enxeriron,

eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.


NO VERME A ESTRELA

Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza...
baixo as alas da pedra  da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína...

!Esta sede de lus, mentres o vento
da morte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón , cincento
sopro que arrinca os días , queima as chousas
máis íntimas , e bárreas coma a ágoa...!
A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.

                          De : Nimbos